A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica vén de anunciar a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino público de Galicia para o curso escolar 2010-2011, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega.
A contÃa destinada ao financiamento dos proxectos ascende a un total de 800.000 euros e a distribución por anualidades do crédito será de 200.000 euros para o 2010 e de 600.000 euros para o 2011.
Os centros educativos de titularidade pública poderán presentar as súas iniciativas ata o dÃa 1 de outubro.
Criterios para a cualificación dos proxectos
Para a concesión de incentivos de apoio ao financiamento dos proxectos de fomento do uso do galego, incidirase fundamentalmente na calidade das iniciativas e tamén se ponderará o número de estudantes do centro. Para avaliación da calidade do proxecto, que terá un peso do 80%, teranse en conta diversas variables, entre elas a implicación activa dos membros da comunidade no proxecto, a orixinalidade nas propostas, a potenciación das competencias activas fronte as pasivas –especialmente as que fomenten a oralidade–, a utilización das novas tecnoloxÃas e a colaboración con outras entidades.
Mellorar os prazos da convocatoria
O anuncio da convocatoria a comezos de setembro ten como obxectivo que os equipos de dinamización lingüÃstica dos centros educativos poidan, desde o inicio do curso escolar, levar a cabo unha axeitada planificación do seu traballo e conten cos recursos económicos precisos para desenvolvelo. Deste xeito, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo busca mellorar os prazos desta convocatoria de axudas que, con carácter xeral, se veñen dando desde a creación dos equipos, en 1992.
Impulsar o labor dos equipos
Con esta iniciativa, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo busca valorar e impulsar o labor que veñen desenvolvendo os equipos de dinamización da lingua galega. Trátase, polo tanto, dunha actuación que forma parte das medidas de dinamización dirixidas á promoción da lingua galega nos centros educativos.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.