O organismo provincial puxo en marcha o mércores 1 de setembro a terceira tempada de Km0.Deputación de Lugo, o pioneiro programa medioambiental en España que impulsa a economía da provincia mediante a posta en valor das Reservas da Biosfera e O Courel, ó tempo que dá a coñecer ós veciños o traballo que leva a cabo a Deputación en prol dos Concellos lucenses. Logo do éxito acadado nas convocatorias anteriores coa participación de 17.000 persoas, o organismo provincial inicia esta nova andaina na que tan só en dous días redescubrirán a provincia 213 persoas.
Deste xeito, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, recibiu no Pazo de San Marcos ós dous primeiros grupos. Trátanse dos colectivos de “San Clodio de Ribas de Sil” e “Parada dos Montes” de Pobra de Brollón. Ambas as dúas asociacións viaxarán a Mariña. No primeiro dos casos, farán a ruta “As Catedrais” que inclúe a visita a dita praia, a dos Castros, así como ó porto, a cetárea de Rinlo e ó aeródromo de Villaframil. Pola súa banda, os veciños de Pobra de Brollón farán unha travesía pola ría de Ribadeo e coñecerán o casco histórico desta vila mariñá.
O xoves a “Federación de veciños de Lucus Augusti” e a asociación de “Mulleres Rurais San Anxo Penarredonda” de Vilalba desprazaranse ó Cebreiro. Logo de coñecer o Pazo provincial e as instalación do Centro de Artesanía e Deseño, ambos os dous colectivos redescubrirán as Insuas do Miño, coñecerán o museo etnográfico desta localidade, o Monte da Cruz así como a fábrica de queixos de Pedrafita. Ademais, farán un percorrido a pé ata o primeiro hito do Camiño Francés.
Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.
