
O delegado de Cultura e Deportes da Deputación, Antonio Veiga, asistiu á inauguración da XV Feira do Libro de Foz e visitou nela a caseta do servizo de publicacións da área da que é responsable, ademais de conversar cos libreiros e vendedores dos 10 expositores que participan na mostra. O escritor Xosé Neira Vilas foi o encargado de ler o pregón de apertura, e posteriormente a Federación de Libreiros de Galicia rendeu un especial homenaxe a Jesús Fernández López, coñecido no concello como Suso do BahÃa, que fundou a Feira do Libro focega e impulsou o evento ao longo dos 25 anos que leva celebrándose.
Antonio Veiga lembrou que “a Ãrea de Cultura da Deputación colabora este ano, por primeira vez dende hai tempo, coa celebración das Feiras do Libro que se organizan na provincia de Lugo”. Explicou que “en Foz, tal como noutros concellos como Lugo e Viveiro, a Ãrea ten unha caseta propia na Feira do Libro para mostrar o seu catálogo de publicacións aÃnda que, para non producir un agravio nas vendas dos libreiros que participan na feira, os da Ãrea non están á venda”.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.