Notas de prensa

A semana animada Xacobeo 2010 inclúe a proxección de animación de Filmax

A semana animada de Xacobeo 2010 acolle na Coruña a proxección gratuíta de oito películas de animación de Filmax entre o 23 e o 26 de agosto. As entradas para ver, entre outras, Donkey Xote; Pérez, o ratiño dos teus soños ou Nocturna, poden recollerse de balde nos Cines Filmax A Coruña 3D.

A cidade da Coruña acollerá entre os días 23 e 26 de agosto a Semana Animada de Xacobeo 2010, unha actividade acordada coa produtora Filmax para levar a cabo unha serie de proxeccións de cine de animación gratuítas. Esta iniciativa forma parte do Camiño Infantil da programación deseñada para este Año Santo, un apartado reservado para os proxectos relacionados coa infancia, a través de diferentes formatos dedicados aos nenos.

As entradas para asistir a estas proxeccións (dúas localidades máximo por persoa) poderán recollerse de balde nos Cines Filmax A Coruña 3D, no Puerto Centro de Ocio, durante este fin de semana (20, 21 e 22 de agosto). Nestas mesmas salas proxectaranse neses catro días oito películas de animación da produtora Filmax.

Deste xeito, o luns 23 de agosto ás dez e media da mañá proxectarase a película Gisaku, mentres que ás 12.30 horas será a quenda de Pinocho 3000. Na xornada do martes, poderá verse a primeira hora o filme El Cid e ás doce e media Nocturna. Pola súa banda, o mércores 25 de agosto proxectarase Donkey Xote ás 10.30 horas, mentres que ás 12.30 será a quenda de Viaje Mágico a Ãfrica. Por último, o xoves poderán verse as dúas películas de Pérez, El ratoncito de tus sueños.

Gisaku
Esta película de Filmax, dirixida en 2005 por Baltasar Pedrosa, narra a historia dun samurai que espera nalgún lugar de España a cumprir a misión que lle foi encomendada: protexer a Llave de Izanagi do mal. Esta chave, formada por poderosas pezas, pecha a porta que franquea o límite do mundo. Gisaku é a historia da loita entre o ben e o mal.

Pinocho 3000
Película de animación dirixida en 2004 por Daniel Robichaud. No ano 3000, Gepetto, un xenial inventor, crea a Pinocho, un pequeno robot que está disposto a calquera cousa para acadar o seu soño: converterse nun neno de verdade.

El Cid, La Leyenda
Este filme de animación, dirixido por José Pozo en 2003, narra a historia de Rodrigo, un home que se converteu nunha lenda que perdura ata os nosos días. É unha adaptación da lenda de Rodrigo Díaz de Vivar, máis coñecido como ‘El Cid’.

Nocturna
Dirixida por Adrián García Ibañez e Víctor Maldonado no ano 2007. É unha aventura sorprendente na que Tim, un neno asustadizo que vive nun orfanato, que tenta resolver un grave problema: un apagamento de estrelas ameaza con deixar a noite sumida na máis profunda escuridade.

Donkey Xote
Esta película, dirixida por José Pozo no ano 2007 narra unha nova aventura de Quijote, que afrontará un novo reto do Cabaleiro da Media Lúa en Barcelona. Si Quijote permite este duelo, deberá renunciar ao seu amor por Dulcinea para sempre, pero si vence o cabaleiro daralle todos os seus bens e revelaralle a identidade de tan soñada dama.

Viaje Mágico a Ãfrica
Un filme dirixido por Jordi Lompart en 2009 que Contén unha mensaxe sobre a amizade, o amor, a natureza e a imaxinación. Nela, Jana, unha nena de dez anos, comeza unha viaxe por Ãfrica en busca dun neno bosquimán.

Pérez, El ratoncito de tus sueños
Dirixida en 2006 por Juan Pablo Buscarini. Esta película conta a viaxe de Lucía, unha nena preocupada por que o Ratoncito Pérez non lle deixa unha moeda cando perde o seu primeiro dente. Axudada polo seu primo Ramiro, pronto descubrirá que Pérez vive nun barco onde ten unha factoría organizada onde viven milleiros de roedores que fan perlas cos dentes que recollen nas casas dos nenos.

Pérez, El ratoncito de tus sueños II
Dirixida por Andrés Schaer, narra unha nova aventura de Pérez, que nesta ocasión caerá en mans de Gil Penkoff, un empresario que busca facerse millonario vendendo ao mundo os segredos do mítico roedor.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-08-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES