Notas de prensa

O grupo británico Placebo, no San Froilán da man do Xacobeo 2010

O concerto gratuito do grupo británico Placebo terá lugar o venres 8 de outubro na Praza Horta do Seminario no marco das Festas de San Froilán de Lugo e baixo o patrocinio do Xacobeo 2010.

O grupo británico Placebo será o prato forte das festas de San Froilán a onde chegará da man de Xacobeo 2010 e do Concello de Lugo. O concerto do trío británico, que será gratuíto, terá lugar o venres 8 de outubro na Praza Horta do Seminario e a partir das 22.30 horas. Será aí onde poderá verse o espectáculo de Placebo que, sen dúbida, reunirá a milleiros de seareiros na capital lucense.

Na organización deste concerto interveñen a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e o Concello de Lugo. A primeira encárgase da contratación da formación británica e o segundo é responsable de toda a produción do espectáculo enmarcado nas festas de San Froilán de Lugo. O anuncio da contratación dun grupo internacional que actuaría en Lugo, fíxoo o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, na presentación, o pasado 30 de xullo, da programación de Xacobeo 2010 en toda a provincia. Agora este anuncio materialízase coa confirmación da presenza de Placebo en Lugo.

De feito, na provincia de Lugo, Xacobeo 2010 ten programados de agosto a decembro 63 actividades culturais en máis de 30 concellos. Asemade, entre os meses de xaneiro e xullo, celebráronse en Lugo un total de 93 eventos incluídos na programación de Xacobeo 2010.

Placebo

A banda británica Placebo, formada no ano 1994 en Londres, está composta actualmente por Brian Molko, Stefan Olsdal e Steve Forrest. O seu último disco, Battle for the Sun, lanzouse o pasado ano e está marcado por temas optimistas. En total, desde 1996 o trío británico sacou ao mercado seis álbumes cos que colleitou grandes éxitos en todo o mundo. Ao longo destes catorce anos de carreira, Placebo vendeu máis de oito millóns de discos.

No mes de outubro, Placebo tamén recalará coa súa xira europea en Madrid, Mallorca e en Lisboa.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, 2010-08-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES