Notas de prensa

Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense

Xa están á venda as entradas para asistir ao concerto que o mítico cantautor canadense Leonard Cohen ofrecerá o vindeiro 12 de setembro a partir das 21.00 horas no Pavillón Paco Paz de Ourense, dentro da programación deseñada para o Camiño da Música de Xacobeo 2010.

As localidades pódense adquirir en Caixa Galicia, a través da súa web ou por teléfono no 902434443, e tamén en El Corte Inglés, na web, no teléfono 902400222 e nos seus centros comerciais. Proximamente estarán tamén dispoñibles en Caixanova. Os prezos das entradas en venda anticipada son de 40, 25 e 15 euros, máis gastos de xestión.

Desde o seu regreso aos escenarios en 2008, o artista ofreceu preto de 200 concertos en todo o mundo. Parte xa do Songwriters Hall of Fame de Nova York, Cohen atópase inmerso nunha xira europea que recalará en Ourense da man de Xacobeo 2010 a só dez días de cumprir 76 anos e que será o preludio do lanzamento o próximo ano do seu novo traballo de estudo, sete anos despois de publicar Dear Heather. Neste novo disco os afeccionados á música de Cohen atoparán influencias doutros grandes como Bob Dylan, Judy Collins, Tom Waits ou Van Morrison.

Sen dúbida, o que ofrecerá Leonard Cohen en Ourense será un dos concertos máis emotivos dentro da programación do Camiño da Música. Nesta actuación, o canadense repasará temas do seu último traballo, Live in London, gravado en directo no seu regreso aos escenarios despois de quince anos nunha actuación en Londres en 2008 e que supón un percorrido polas grandes composicións que marcaron os seus 40 anos de carreira profesional.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo, 2010-08-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxías de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.

Notas

A robótica avanzada, os robots humanoides e os xemelgos dixitais protagonizaron este xoves no edificio Redeiras unha nova edición dos Encontros Gidein, unha iniciativa impulsada polo Grupo de Innovación Docente Empresa e Innovación e o Grupo de Enxeñaría de Fabricación, GEF, da Universidade de Vigo en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, CTAG.
A Universidade da Coruña organiza os vindeiros 7 e 8 de xullo a XIX edición do Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística 'Traballando en lingua', que terá lugar no Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios s/n, Carballo). Nesta ocasión, o encontro levará por título 'Memoria democrática e lingua: a quimera da normalización'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES