
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, inaugurou a exposición Elas fan Camiño, que rende homenaxe ás mulleres peregrinas e a todas aquelas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago ao longo da historia.
As delegadas territoriais da Xunta de Galicia en Lugo e Vigo, Raquel Arias e LucÃa Morales, respectivamente, a secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e o alcalde do Concello do Cebreiro, Xosé Luis Raposo, tamén asistiron a esta inauguración e despois, xunto coas persoas asistentes, realizaron a pé o tramo do Camiño francés que vai dende Pedrafita ata o Hospital da Condesa.
Marta González indicou que, coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo 2010, a SecretarÃa Xeral da Igualdade quixo dar protagonismo ás mulleres no Camiño, querendo lembrar esta mostra o papel que desde o principio da peregrinación en Galicia, a través dos camiños a Santiago, xogaron moitas mulleres, tanto mulleres coñecidas e famosas -raÃñas, santas- como mulleres anónimas que chegaron ata Santiago percorrendo con dificultades os camiños para pregar ante o Apóstolo; tamén recalcou que se quixo que a primeira etapa desta exposición itinerante fose o Cebreiro, “porta de entrada a Galicia desde a Idade Media”
A área de igualdade da Xunta de Galicia pretende con esta exposición, que percorrerá todos os concellos do Camiño francés ata rematar en Compostela alá polo fin do ano xacobeo 2010, “render unha homenaxe á participación das mulleres na peregrinación e ao activo traballo de moitas mulleres por promover o camiño e por axudar aos peregrinos e peregrinas a rematar con éxito o seu percorrido a Santiago”, sinalou González.
As mulleres peregrinaron dende moi cedo aos lugares mais afastados e relevantes do cristianismo, e tamén foron protagonistas na creación e mantemento dos camiños e rutas de peregrinación, verdadeiras canles de circulación da cultura e dos progresos técnicos e socioculturais europeos durante séculos.
A mostra fai un percorrido dende as mulleres que fixeron camiño ata as que o fan hoxe en dÃa. Como mencionou González, aÃnda que son moitos os cambios que Galicia ten vivido desde que se identifica o primeiro peregrino coñecido, un monxe cego do mosteiro de Reichenau en Alemania, que recobrou a vista en Compostela a principios do século X, ata a actualidade, pero “tanto hoxe, coma onte, a mesma ilusión e esperanza nun futuro mellor está no pensamento de todos e todas as peregrinas”.
As mulleres peregrinas
Son moitos os exemplos de mulleres peregrinas que a exposición presenta, desde Exeria, a primeira peregrina galega, que fixo unha extraordinaria viaxe a Xerusalén e Terra Santa no século IV, deixándonos unha preciosa testemuña das súas vivencias, ata as peregrinas de hoxe, que viven o camiño como unha experiencia inesquecible de atoparse consigo mesmas. Desde a condesa dona Egilo, esposa do conde Gatón, que fundou o hospital no lugar que hoxe leva o seu nome, Hospital da Condesa, ata as mulleres que desde as responsabilidades de goberno nos seus concellos promoven e favorecen o paso dos peregrinos polo seu municipio, tal e como recolle a mostra co exemplo da alcaldesa de Betanzos, MarÃa Faraldo.
Todos eles “exemplos claros da vinculación das mulleres ao Camiño de Santiago, aÃnda que séculos de historia ignoraron a situación das mulleres e non nos proporcionaron ningunha información ao respecto, ata que agora, o principio de igualdade impregna as ciencias e as artes e nos obriga a reescribir a historia para contar tamén os feitos e as vivencias das mulleres”, destacou Marta González.
Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou que “as mulleres sempre foron o principal sostén da sociedade”, antes co seu traballo invisible, non remunerado e socialmente non valorado, co que cubrÃan a maiorÃa dos servizos básicos, e agora cun traballo remunerado, aÃnda que “está a pagar un prezo por elo: un prezo que se traduce en dificultades para conciliar a vida laboral e persoal, salarios máis baixos, restricións no acceso ao postos con maior responsabilidade e remuneración, e contratos máis precarios”.
Por iso, dixo, “é tarefa de todos, homes e mulleres, conseguir a igualdade real, o reparto equitativo do traballo no fogar, o acceso en idénticas condicións ao mercado laboral, e a visibilidade da inmensa contribución das mulleres en todos os eidos da sociedade” e con esta exposición quérese engadir “un grao de area, rescatando ás mulleres que ao longo dos séculos foron e son protagonistas do Camiño, escribindo a historia da súa propia vida e, de paso, a Historia do Camiño”.
A exposición
A exposición dividise en tres eixos. Unha primeira parte, Elas fixeron Camiño, nos retrotrae á longa tradición das rutas de peregrinación e a presenza da mulleres nelas dende diferentes perspectivas. Aquà poderemos coñecer a Egeria, a primeira peregrina galega coñecida, a algunhas das hospitaleiras, as protectoras do camiño, etc…
A segunda sección, Elas marcaron o Camiño, mostra a importancia da espiritualidade na tradición xacobea, vÃnculo entre o pasado e o presente, a través da devoción feminina e a estendida presenza do culto mariano no Camiño. Nesta parte da mostra reflÃctese a importancia do culto mariano nas rutas Xacobeas en Galicia e as diversas virxes peregrinas galegas, como a de Pontevedra ou a de Bertamiráns.
A última parte da exposición, Elas fan Camiño, céntrase no Camiño de Santiago actual, onde o protagonismo das mulleres é indiscutible. Son protagonistas mulleres con nome e apelido escollidas segundo a súa implicación e funcións ao longo das rutas galegas a Santiago, que forman parte esencial dos camiños a Compostela, non só como peregrinas, senón tamén co seu silencioso facer cotián. Apoian as peregrinas e peregrinos dende diferentes ámbitos: servizos sociais e humanitarios, administración, atención das infraestruturas, manutención e organización, dan ánimos e infunden ilusións nas camiñantes decaÃdas ou desfalecidas polas duras e longas xornadas da ruta.
Un vÃdeo sobre as vivencias no Camiño das mulleres ilustra a realidade das peregrinacións femininas a Compostela e pon punto final a esta mostra que dentro de quince dÃas chegará a Triacastela e despois seguira camiño por Samos, Sarria, PortomarÃn, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, Santiago de Compostela, Fisterra e MuxÃa.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.