
O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou o curso académico 2009-2010 da 6º promoción da Escola de Imaxe e Son dependente da Fundación TIC. Os 44 novos titulados dos ciclos superiores de Produción de audiovisuais, radio e espectáculos, e Realización de audiovisuais e espectáculos, tiveron como Madriña de excepción a Inmaculada Castaño, Delegada de Filmax en Galicia, compañÃa audiovisual que ocupa un posto referencial a nivel internacional.
Filmax celebra este ano o décimo aniversario da súa factorÃa de animación na Comunidade. Dende que se creara o selo de animación en 1999, produciu 8 pelÃculas e unha serie de animación, situándose como punto de referencia no cine de animación. Das longametraxes producidas, cinco recibiron o Goya á Mellor PelÃcula de Animación como ‘GoomerÂ’, de José Luis Feito e Carlos Varela; ‘El Cid, la leyendaÂ’, de José Pozo; ‘P3K Pinocho 3000Â’, de Daniel Robichaud; ‘Pérez, el ratoncito de tus sueñosÂ’, de Juan Pablo Buscarini; e ‘NocturnaÂ’, de Adrià GarcÃa y VÃctor Maldonado, e todos acadaron importantes ventas a nivel internacional. Ademáis, dende 2006, Filmax comenzou coa produción de proxectos para televisión e documentais como ‘Hai que mollarseÂ’, ‘ReliquiasÂ’ ou ‘Historia dunha parroquiaÂ’, entre outros.
Actualmente, a compañÃa está a traballar na súa novena pelÃcula de animación, ‘Copito de NieveÂ’, de Andrés G. Schaer. O filme, que será a primeira longametraxe sobre o único gorila branco do mundo, conta cun presuposto de 6,5 millóns de euros.
No transcurso do acto, tivo lugar a proxección dun DVD que recolle a historia dos proxectos desenvoltos por Filmax Galicia nestes últimos dez anos para os que contaron coa participación de Alberto Neira, director de animación da factorÃa Filmax en Santiago.
Reserva de praza
Os novos alumnos poderán solicitar praza para o vindeiro curso na única escola da provincia que imparte ensinanzas pertencentes á familia da comunicación ata o 9 de xullo. Para elo, todos os interesados poderán presentar a súa preinscrición na sede da EIS, situada na rúa Frei Rei Lemos s/n en Lugo, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente, poderase descargar a través do portal web www.fundaciontic.org.
O vindeiro 12 de xullo, a Fundación TIC publicará na súa páxina web, asà como no taboleiro da Escola de Imaxe e Son, a listaxe de admitidos. Logo, dende o 15 ó 23 de xullo, quedará aberto o prazo de matriculación.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.