
Xacobeo 2010 inaugura en Ourense a exposición audiovisual En Camiño, un proxecto que se enmarca no Camiño Contemporáneo da programación deseñada para o Ano Santo. Esta mostra itinerante, que se poderá contemplar no Auditorio Municipal da cidade, consta dun vÃdeo-documento e dunha secuencia de fotografÃas sobre a peregrinación xacobea nos camiños que pasan por Galicia –en especial o célebre Camiño Francés e a súa continuación cara a Fisterra–, e outra serie complementaria sobre a cidade de Santiago de Compostela. As pezas, de gran calidade, van montadas en caixas de luz, acentuando o seu atractivo e creando unha atmosfera de misterio.
En Camiño consta de 28 caixas de luz nas que están situadas as fotografÃas de distintos puntos do Camiño de Santiago en Galicia e da cidade de Santiago, asà como dun vÃdeo no que participan peregrinos. Despois de Ourense, a mostra viaxará a Corcubión, concello no que recalará entre os dÃas 4 e 25 de agosto. No mes de setembro, a exposición chegará ao municipio pontevedrés de LalÃn, onde estará ata o dÃa 29. En Camiño seguirá a súa particular peregrinación por Galicia en outubro, mes no que chegará a Sarria, e en novembro, cando rematará a súa viaxe no concello ourensán de VerÃn.
Malia o valor das 28 fotografÃas que se amosan ao público, realzadas polo seu formato e presentación en caixas de luz, a peza estrela desta exposición, organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, é un vÃdeo no que os propios peregrinos, procedentes de Alemania, Francia, Inglaterra, Australia, América Latina e de diferentes comunidades autónomas, relatan a súa experiencia de modo directo e moi fresco, posto que a filmación se fixo in situ, mentres peregrinaban, en diversas paraxes do Camiño Francés.
Fenómeno xacobeo
A través deste vÃdeo e das fotografÃas, a mostra En Camiño, que se abre ao público en Ourense, pretende reflectir a través de diferentes paisaxes, das imaxes de Santiago de Compostela e das historias das persoas que fan o Camiño, a idiosincrasia única do fenómeno xacobeo, coñecido en todo o mundo como sinónimo de diálogo, solidariedade, hospitalidade e cultura.
Esta exposición está enmarcada no Camiño Contemporáneo da programación de Xacobeo 2010, un itinerario no que se recollen os proxectos expositivos de carácter máis vangardista, que se exhibirán en diversos espazos de Galicia. Este apartado amosa unha revisión do Camiño e da figura do peregrino a través dos ollos dos artistas máis representativos da fotografÃa e das artes plásticas do momento.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.