
Xacobeo 2010 ten programado para o xoves, 24 de xuño, o primeiro Help Concert, que se celebrará no Multiusos do Sar e no que actuarán Morcheeba e Juliette Lewis xunto ao grupo galego Cornelius 1960. IncluÃda na programación de Xacobeo 2010 para o Camiño da Música, o obxectivo desta iniciativa é afondar na concienciación sobre o cambio climático e recadar fondos para os máis necesitados e vulnerables aos efectos do mesmo. En concreto, a recadación irá destinada a Manos Unidas e Juntos Podemos. As entradas para asistir á noite de Help Concert poden adquirirse a través de El Corte Inglés e Caixa Galicia.
Na noite de Help Concert, o célebre grupo Morcheeba presentará en exclusiva e por primeira vez en España o seu novo traballo Blood like lemonade, coa esperada volta da súa mÃtica vocalista Skye Edwards e a súa reunión cos irmáns Paul e Godfrey Ross. Este novo traballo non só supón o retorno da voz soul da cantante, senón que recolle a esencia de clásicos como Who can you trust? ou Big Calm e transporta ao oÃnte a novos e exóticos lugares. Trátase igualmente, do seu traballo máis introspectivo, con temas que reflicten a situación persoal da banda, ademais doutros con carácter máis aberto, como as situacións e personaxes descritas por Paul Godfrey nalgunha das cancións. Caracterizada pola súa mestura de trip hop, blues e pop e nada a mediados dos anos 90, Morcheeba converteuse nunha referencia musical que retorna cun novo traballo desde o seu último álbum con Skye Edwards como vocalista en 2003.
No Help Concert tamén estará a actriz e cantante Juliette Lewis, que conta ás súas costas cunha longa carreira cinematográfica, na que atesoura tÃtulos coma O cabo do medo, Kalifornia, Asasinos natos ou Aberto ata o amencer, aÃnda que tamén desenvolve o seu talento e creatividade no eido musical. Precisamente, este concerto solidario será o primeiro escenario de Europa ao que se suba Juliette Lewis para presentar o seu novo disco Terra Incognita. O tÃtulo do álbum fai referencia a un territorio descoñecido, lugar a onde leva o seu novo traballo, caracterizado polas guitarras e os contrastes de sons.
Help Concert será unha noite para a reunión ao redor da música en directo e a concienciación co problema do cambio climático e os seus efectos negativos. As consecuencias deste problema abranguen ao medio ambiente, pero tamén á economÃa ou ao benestar da sociedade, ademais, polos seus efectos nos niveis de auga, o quecemento global supón unha ameaza para a subministración da auga. Neste sentido, con iniciativas coma esta, Xacobeo reforza a súa aposta pola conservación do medio ambiente e a sostibilidade.
Outra das bandas que actuará esta noite será o grupo galego Cornelius 1960, unha das agrupacións máis internacionais do momento e que presentará en directo o seu último traballo 1960 e que actuará antes de iniciar a súa xira no estranxeiro. O seu último álbum conta coa participación de Mick Glossop, prestixioso produtor internacional de bandas como Van Morrison, e foi, ademais, mesturado en Nova York por Tatsuya Sato, quen traballou con Madonna. A forza dos seus temas, a imaxinación, a creatividade e a elegancia caracterizan o traballo deste grupo de pop rock.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.