Notas de prensa

Política Lingüística convoca axudas a proxectos de galego no ensino

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocará en setembro as axudas a proxectos de fomento do uso do galego para que “os equipos de dinamización da lingua galega poidan, desde comezos do curso escolar, planificar o traballo cos recursos económicos precisos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística realizará o mes de setembro a convocatoria de axudas a proxectos de fomento do uso do galego. Así llo comunicou o departamento que dirixe Anxo Lorenzo aos centros de ensino, a través dunha circular.

Con esta medida preténdese que “os equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos poidan, desde comezos do curso escolar, levar a cabo unha axeitada planificación do seu traballo e conten cos recursos económicos precisos para desenvolvelo”. Deste xeito, o goberno galego busca mellorar os prazos desta convocatoria de axudas que, con carácter xeral, se veñen dando desde a creación dos equipos, en 1992.

Os equipos de dinamización da lingua galega

Esta convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística constitúe unha iniciativa que ten como fin prioritario apoiar e impulsar o labor que veñen desenvolvendo os equipos de dinamización da lingua galega.

A creación dos equipos de dinamización da lingua galega, “principais promotores e redactores dos proxectos de fomento do uso do galego que anualmente veñen concorrendo a estas axudas públicas”, responde ao obxectivo da Lei de normalización lingüística de conseguir que o alumnado adquira unha boa competencia nas dúas linguas oficiais de Galicia.

Na actualidade, a súa misión central é fomentar o uso do galego nos centros educativos e ter un papel fundamental no deseño, na posta en marcha e na revisión dos programas de planificación lingüística nos centros educativos. Así mesmo, outra das tarefas que veñen desempeñando os equipos é a de conectar a acción dinamizadora levada a cabo no centro de ensino coas actividades de fomento do uso do galego realizadas no contorno social, nun intento de sumar sinerxías para darlles pulo á lingua e á cultura galegas.

Iniciativas para promover o uso do galego desde o ámbito educativo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aposta polo labor que veñen desenvolvendo os equipos. Por iso manterá este ano todas as iniciativas destinadas a promover o uso do galego desde os centros educativos. Iniciativas como os Premios de Innovación en Normalización Lingüística, o Concurso-Exposición Letras Galegas, o Seminario de Dinamización Lingüística no Ensino, o asesoramento e a axuda continuada por parte das coordinacións provinciais e central ou o espazo web destinado á divulgación das experiencias de fomento do uso do galego que se desenvolven desde os centros de ensino.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES