
A segunda xornada de LITVI 2010, o Encontro Internacional de Literatura de Viaxes organizado por Xacobeo 2010 e que está enmarcado no Ano do Libro e da Lectura, estivo protagonizada pola inauguración do congreso As literaturas do Camiño, que se celebra ata o mércores 23 de xuño no Centro Social de Caixanova de Santiago de Compostela.
Neste acto, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou que “do Códice Calixtino, a Mittleuropa de Vicente Risco ou Viaje a la Alcarria, de Camilo José Cela; os libros de viaxes teñen cumprido a imprescindible función de difundir a cultura ou de descubrir paraxes, paisaxes e patrimonio e tamén teñen ofrecido miles de horas de felicidade”. Asemade, engadiu que o congreso sobre as literaturas do Camiño, “intenta explorar os segredos que esconde o Camiño de Santiago”.
A conferencia inaugural, presentada por Ignacio Santos, correu a cargo do catedrático Fernando López Alsina e tratou sobre O Códice Calixtino, primeira guÃa universal. O experto en Historia Medieval foi presentado polo director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e manifestouse “honrado” por dar comezo ao congreso.
Trala súa conferencia, a sesión completouse co coloquio entre John Rutherford e Suso de Toro, sobre os seus libros As frechas de ouro e La flecha amarilla, presentados por Xulio Valcárcel; e a conferencia PÃcaros e literatura picaresca no Camiño con Pablo Arribas Briones, introducido por LuÃs G. Tosar.
Mañá, o congreso As literaturas do Camiño vivirá Centro Social Caixanova a súa segunda xornada, centrada en Portugal, o xornalismo e o teatro. Unha das figuras internacionais que forma parte de LITVI, o portugués Sérgio LuÃs de Carvalho, presentado por Tucho Calvo, falará de Portugal, peregrinación e fe. A mesa redonda Escrito no Camiño: literatura e xornalismo, moderada por Cristóbal RamÃrez, agrupará a Paco Nadal, Francisco Singul, Lois Celeiro e Rosa Villada. A última mesa redonda na xornada de As literaturas do Camiño versa sobre O teatro sobre os Camiños e xuntará a Manuel Lourenzo, Xavier Lama e Dolores Vilavedra, coa moderación de Xosé Henrique Rivadulla Corcón.
Pola tarde, ás 18.00 horas, Julio Llamazares e Paco Nadal tomaron un café cun grupo de lectores no Café Casino e no Parador Hostal dos Reis Católicos, respectivamente. Asemade, Fernando MartÃnez LaÃnez, Sergio LuÃs de Carvalho, Ana MarÃa Briongos e Paco Nadal asinarán as súas obras na Alameda de Santiago.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.