
O Festival Ortigueira servirá por undécimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raÃz. A través do “Proxecto Runas”, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas protagonizarán a última xornada do certame celta, que se celebrará entre o 8 e máis o 11 de xullo, competindo en directo por coarse no cartel do 2011.
Como participar?
As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben por correo ordinario ao Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira), ata o 7 DE XUÑO os seus tres mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de produción propia, terán de incluÃr un breve dossier informativo e datos de contacto.
Música instrumental, música cantada... o único que se require é que sexa folk. Os grupos, cun máximo de dez integrantes e "de calquera procedencia xeográfica", deberán contar cun repertorio mÃnimo dunha hora de duración.
Selección
Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co patrocinio do Xacobeo 2010, Estrella Galicia e Deputación da Coruña, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.
A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará o voto emitido polos internautas que visiten a nova web oficial, do 10 ao 16 xuño. As tres bandas finalistas actuarán en Ortigueira o domingo 11 de xullo e recibirán 1.500 euros.
Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras os concertos, cal é a formación gañadora, que volverá a tocar no Escenario Estrella Galicia no 2011 e obterá 4.000 euros.
Máis dunha década de traxectoria
O “Proxecto Runas”, durante anos eixo central da programación musical diurna do evento, resérvase este ano para a última tarde do Festival, no Escenario Estrella Galicia. O “Runas” serviu na súa primeira década de vida para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou Qui hi ha?, que estará este ano en Ortigueira como gañadora da pasada edición.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.