
O reitor Senén Barro presentou aos medios de comunicación o conxunto de medidas coas que se trata de converter internet na principal canle de comunicación da USC, ao tempo que mellorar a accesibilidade á información institucional así como satisfacer as novas demandas de comunicación e información da sociedade. Trasládase así á rede, “ao mundo virtual, o espazo que ocupamos como Universidade de Santiago na sociedade” subliñou Barro. O redeseño do web institucional da USC xunto coa posta en marcha de USC Televisión e da rede social casadatroia.es van impulsar un novo modelo de comunicación da institución académica en internet.
Redeseño web
As melloras que leva asociadas o redeseño do portal web da USC comezan coa creación dun xestor de contidos que permite a mellora na produción de información dos diferentes responsables. O web disporá agora dunha maior axilidade e máis volume de información e servizos ao tempo que se lle dá máis visibilidade ao traballo feito polos grupos de investigación, institutos, centros e departamentos. Os distintos contidos están segmentadas por públicos e intereses, cun maior protagonismo para a actualidade universitaria a través do xornal electrónico, agora emprazada nun lugar destacado.
Este redeseño busca ademais mellorar a accesibilidade web cumprindo todas as recomendacións neste senso, reestruturar os contidos adaptándoos aos criterios actuais de usabilidade web e ofrecendo unha mellor visualización nos distintos dispositivos móbiles que cada día acceden en número crecente á web da USC. Para conseguilo incorporáronse importantes melloras técnicas na programación acordes coas últimas novidades na creación web.
Barro lembrou que a web da USC é a quinta galega por número de accesos rexistrados e a primeira universitaria por número de páxinas indizadas en Google. Na actualidade rexistra máis de catro millóns de vistas anuais.
USC TV
USC TV (http://tv.usc.es/) xorde para compartir coa sociedade os fondos audiovisuais da USC creando, simultaneamente, unha canle de divulgación científica. Ofrecerase a posibilidade de ver as grandes conferencias dos persoeiros máis ilustres que visitan a USC e poderanse recuperar os grandes momentos da universidade compostelá e de Galicia. En definitiva, esta ferramenta “crea unha memoria audiovisual dos actos institucionais da USC”, explicou o reitor ao tempo que engadiu que se tratará “dunha televisión na que vai participar toda a comunidade universitaria”.
Actualmente, USC TV pon a disposición dos usuarios máis de 400 horas de materiais audiovisuais, definindo un proxecto que no futuro debería converterse nunha “auténtica televisión de ámbito universitario”, concluíu Barro.
Casadatroia.es
Casadatroia.es (http://www.casadatroia.es/users/login) é a incursión da universidade compostelá na web 2.0 e un punto de encontro das inquedanzas da comunidade universitaria canalizadas a través das novas tecnoloxías que vai operar como un espazo propio para traballar en rede onde terán cabida as actividades que se xeran na USC.
Será unha “rede aberta á sociedade, universal, na que pode participar calquera persoa interesada coa investigación, o talento, a transferencia de coñecemento e a colaboración coa universidade”. A USC expresa por esta vía “o seu carácter máis universal como espazo de convivencia e intercambio de coñecemento”, engadiu o reitor.
En resume e segundo se puxo de manifesto na presentación realizada este xoves en Fonseca, estas medidas profundan no compromiso da institución académica compostelá coa innovación, o aproveitamento das posibilidades tecnolóxicas e a excelencia internacional.
Manuel Baltar Blanco ha tomado el relevo de su padre al frente de la Diputación de Ourense con un discurso en el que ha reivindicado el "ourensanismo" y el "galleguismo" y en el que ha situado la creación de empleo como su "objetivo principal" al frente de esta institución, que José Luis Baltar Pumar presidió durante los últimos 22 años.
El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta, Xesús Vázquez, en la que fue su primera visita institucional a la Real Academia Galega (RAG), ratificó el compromiso del Gobierno gallego con esta institución durante el año 2012 en que se conmemora el Año Celso Emilio Ferreiro, tras el acuerdo alcanzado en el Parlamento de Galicia.
