Notas de prensa

Homenaxe musical ao poeta Uxío Novoneyra a través do ciclo Interseccións

Ourense acolle a presentación do ciclo de concertos Interseccións. A olla da de Novoneyra que achegan a voz do poeta para sembar a súa memoria neste ano en que as Letras Galegas homenaxearon a este autor. O ciclo percorrerá as sete cidades galegas.

O Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López acompañado polo Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presentou, en Ourense, xunto ao músico e compositor, Emilio Cao o ciclo de sete concertos Interseccións. A ollada de Novoneyra, que recolle algúns dos poemas do poeta de O Courel musicados por Emilio Cao.

Francisco López definiu ao espectáculo como unha “mestura de música e poesía” que “pretende achegar, a través da expresión artística musical, a voz de Novoneyra co obxectivo de sembrar a súa memoria neste ano adicado a súa figura”.

O Director Xeral de Cultura lembrou que Interseccións. A ollada de Novoneyra, é o resultado “dun proxecto discográfico inconcluso, para o que Emilio Cao e Novoneyra viaxaron xuntos a O Courel e mesmo chegaron a gravar parte do material, ata a morte do poeta”. Francisco López salientou a singularidade da participación nos concertos da coreógrafa e profesional do mundo da danza Branca Novoneyra, “filla do escritor e poeta como o seu pai”, que ven de presentar o seu primeiro poemario, Dentro do Labirinto.

Os concertos que achegarán a todos os públicos a voz de Uxío Novoneyra e a música de Emilio Cao, recollen poemas como “Amiga, Alba e Delgada; Quen na outra tarde, Caín as follas, que foron rectificados polo propio Novoneyra para a súa gravación”, como indicou o director xeral.

Interseccións. A ollada de Novoneyra bota a andar o venres 21 de maio no salón de actos da Biblioteca da Cidade de Ourense, ás 20:00 horas no que Francisco López cualificou como “un espectáculo público para os que desexen gozar da boa música, da boa danza e da mellor poesía”.

Cao-Novoneyra

O traballo está baseado na colaboración de Emilio Cao co propio Novoneyra nos derradeiros anos da súa vida e mestura a solvencia musical e a poesía dun dos grandes renovadores da literatura galega. No ciclo de concertos intervirá tamén Carmen Rey, cantante vinculada dende hai anos aos directos de Emilio Cao que puxo a súa voz en colaboracións con músicos da escena folk e do jazz como Xose Manuel Budiño. A intervención contará tamén coa presenza do pianista Manuel Gutierrez, compoñente do grupo Sumrra co que xa ten gravados catro traballos.

Os concertos itinerarán nun prazo de dez días, do 20 de maio ao 1 de xuño, polas cidades de A Coruña (Teatro Rosalía), Lugo (Círculo das Artes), Ourense (Biblioteca Nodal), Pontevedra (Auditorio Padre Amoedo), Vigo (Verbum Museo da Palabra), Ferrol (Fundación Torrente Ballester) e Santiago (San Domingos de Bonaval), en horarios comprendidos desde as 20.30 ás 22.00 horas.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES