Notas de prensa

Xacobeo 2010 presenta a obra Unha noite branca cos clásicos, de Blanca Marsillach

A montaxe teatral, que se representará en Pontevedra e Ferrol, supón unha homenaxe da actriz Blanca Marsillach ao seu pai falecido, o dramaturgo Adolfo Marsillach do que se adapta a obra estreada en 1997.

Xacobeo 2010 presentou n Santiago de Compostela a obra de teatro Una noche blanca con los clásicos, que hoxe se representará en Pontevedra e en Ferrol. Esta obra, protagonizada por Blanca Marsillach e dirixida por Ãngel Ojea, está enmarcada no Camiño das Artes Escénicas da programación de Xacobeo 2010. A cidade do Lérez acolle a representación desta obra, que comezará ás 20.00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia. O venres 21 de maio será a quenda de Ferrol, onde a representación será tamén a partir das 20.00 horas na sede que a fundación ten nesa cidade.

O Camiño das Artes Escénicas de Xacobeo 2010 presenta as montaxes relacionadas con danza e teatro, maxia, e espectáculos de acrobacias, luz, son e ritmo. Trátase de proxectos cunha única linguaxe internacional, baseada no talento persoal e por encima de todo, na creatividade. Asemade, préstase atención aos espectáculos de pequeno, mediano e de gran formato dirixido a todos o públicos.

Na rolda de prensa celebrada esta mañá estiveron presentes o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, a actriz Blanca Marsillach, e as actrices galegas Victoria Teijeiro, elixida especialmente para estas dúas actuacións en Galicia, e Elena Reiriz, que tamén debuta en Pontevedra e Ferrol. Na súa intervención, Ignacio Santos destacou que a chegada desta obra a Galicia, no marco de Xacobeo 2010, supón “unha oportunidade única para gozar dun espectáculo destas características, no que se achegan ao público as obras dos grandes clásicos”. Por iso, gabou “o empeño persoal” da actriz Blanca Marsillach para sacar adiante este proxecto que agora fai parada en Pontevedra e Ferrol.

Una noche blanca con los clásicos é a adaptación dunha obra estreada en 1997 por Adolfo marsillach. O concepto do que parte esta representación é o de que Blanca Marsillach e o seu pai, Adolfo Marsillach, nunca traballaron xuntos e que agora, oito anos despois da morte do dramaturgo, ambos atópanse por primeira vez nun escenario. Deste xeito, Blanca Marsillach recupera a obra que estreou seu pai hai trece anos, pero faino a través dunha pantalla electrónica onde se proxectan escenas nas que aparece o dramaturgo para reproducir un diálogo poético entre ambos. Neste encontro virtual, pai e filla interpretan algunhas das personaxes máis importantes do teatro clásico español.

A obra Una noche con los clásicos foi unha idea orixinal de Adolfo Marsillach que estreou no ano 1997, xunto a Amparo Rivelles e María Jesús Valdés. O dramaturgo fixo unha selección de textos dos mellores versos dos séculos XVI e XVII, os escritos por poetas como Garcilaso de la Vega, Gutierre de Cetina, Fray Luis de León, Francisco de Quevedo, Luis de Góngora, Lope de Vega, Gil Vicente, San Juan de la Cruz, Calderón de la Barca e Miguel Hernández, acompañados das composicións musicais que, arrincando das cantigas de Alfonso X El Sabio, chegan ata Cristóbal Morales, Antonio de Cabezón e Tomás Luis de Victoria.

Para lograr compartir escenario co seu pai neste proxecto que agora chega a Galicia da man de Xacobeo 2010, Blanca Marsillach recorreu ás gravacións orixinais de Adolfo Marsillach na súa representación de Una noche con los clásicos, das que seleccionou varias pasaxes nas que o actor recitaba os poemas. Esta revisión da obra de Adolfo Marsillach, dirixida por Ãngel Ojea, propón un espectáculo interactivo que se estende ao público, ao que se lle da a oportunidade de compartir escenario con Blanca Marsillach.

Os primeiros pasos de Blanca Marsillach no teatro foron da man do seu pai, o recoñecido actor Adolfo Marsillach, na obra Matahari. Continuou no Teatro Clásico con José Luis Alonso en La Celestina y La Dama Boba, alternando a súa carreira co cine baixo directores da categoría de Alberto Latiuada, Mario Monicelli y Javier Aguirre e colaborou en series de televisión. En Estados Unidos formou compañía para producir en inglés a obra Loco de Amor de Sam Shepard. Hai tres anos, Blanca iniciou en España a súa carreira como empresaria, levando a cabo exitosas montaxes.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES