
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López presentou no Salón Teatro o espectáculo musical de tango e Folk, Dúas Beiras, no mes das Letras Galegas e encadrado tamén no Ano do Libro e da Lectura. Segundo o director xeral, Dúas Beiras “pretende achegar os nosos escritores e a nosa cultura a través doutros medios populares da nosa tradición musical e folclórica co obxectivo de sembrar a obra e a memoria dalgúns dos persoeiros máis destacados da historia da nosa emigración”.
Francisco López lembrou o carácter gratuito do espectáculo que o xoves 20 de maio ás 20,30 horas pretende chegar “a todos os públicos e a todos os que o desexen ata completar o aforo do Salón Teatro”. Para o director xeral de Cultura, en Dúas Beiras conflúen “a música, a danza e o audiovisual” configurando “un musical atractivo no que se recrea unha época da nosa historia, a época da emigración aos distintos paÃses de América”.
Dúas beiras é un musical que lembra o histórico encontro de dúas culturas, a galega e a arxentina, como froito da epopea colectiva que significou a emigración. Por medio da música e a danza réndese homenaxe a diversas figuras que tiveron un papel preponderante nos eidos artÃstico e cultural de ambos os dous paÃses, unidas este ano por distintas efemérides e aniversarios: Castelao, que morreu en Bos Aires hai agora 60 anos; RosalÃa de Castro, de quen se cumpren cento vintecinco anos da súa morte; LuÃs Seoane, no centenario do seu nacemento tamén en Bos Aires; UxÃo Novoneyra, poeta elixido este ano para o DÃa das Letras Galegas, e asemade, figuras da outra beira como Carlos Gardel, Piazzolla ou Alfonsina Storni.
A autora
No acto de presentación tamén estivo presente a autora e protagonista principal do musical, Lorena Lores, á que definiu como unha muller “que encarna na vida e no escenario o encontro de dúas culturas, de dous paÃses, de dous continentes, que encarna os camiños da nosa emigración”.
Lorena Lores destacou o espectáculo Dúas Beiras como “unha oportunidade importante para entender esa historia, que tamén é a historia dos meus avós e os meus pais”, un gran espectáculo no que participan 25 artistas en escena caracterizados con máis de 70 traxes. Segundo a artista, a través deste espectáculo preténdese dar a mensaxe de que “cando as culturas se xuntan desde o respecto e a solidariedade sempre se enriquecen”.
A cantautora Lorena Lores, protagonista do espectáculo musical, é filla de galegos orixinarios de O Grove (Pontevedra) e creceu dentro da colectividade galega de Bos Aires, aprendendo a amar a cultura da súa cidade natal e a dos seus proxenitores. Co espectáculo Dúas Beiras, Lorena Lores rememora aquela época tan importante da historia galega e reflexiona acerca do enriquecemento que supón para a humanidade, o encontro de distintas culturas, cando se fai dende o respecto e a solidariedade.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.