Notas de prensa

A USC homenaxea a estudantes que participaron nos movementos de 1968

Catro décadas despois dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela, a USC tributou un simbólico recoñecemento a un grupo de estudantes da época, entregándolle un novo expediente universitario sen anotacións ou referencias que non foran estritamente académicas ou persoais.

Catro décadas despois dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela, a Universidade de Santiago tributou un simbólico recoñecemento a un grupo de estudantes da época, entregándolle un novo expediente universitario sen anotacións ou referencias que non foran estritamente académicas ou persoais. “A USC moito vos ten que agradecer a quen arriscastes os vosos estudos, a vosa posición e incluso a vosa liberdade por abrir máis espazos nunha universidade e nunha sociedade presas dunha ditadura”, dixo o reitor Senén Barro.

A entrega prodúcese logo da solicitude cursada por cada un dos interesados para cancelar dos seus respectivos expedientes datos ou anotacións que nada tiñan que ver cos seus resultados académicos pero si coa súa actitude fronte ao réxime imperante naquel momento.

1968 en Compostela

“Non pretendemos nin podemos reescribir a historia, pero si axudar a que se coñeza e a escribir o futuro con liñas máis dereitas” dixo Barro no transcurso do acto de entrega de expedientes. Nesta mesma sesión, o investigador Ricardo Gurriarán presentou o libro 1968 en Compostela. 16 testemuños, obra a través da que “situámonos de novo e de cheo naquel tempestuoso curso 1967/68 -destaca o reitor compostelán no prólogo da obra-. Momentos de movementos e mobilizacións estudantís que removeron a Universidade de Santiago e sacudíndoa fixeron tamén tremer ao país”.

Neste libro figuran “protagonistas do relatado e tamén do non contado, que sempre é moito máis o que queda atrás que o que se rescata da memoria” prosegue Senén Barro, para quen a obra debe tomarse como un “render tributo de gratitude a persoas que arriscaron moito: estudos, liberdade e incluso a súa vida, por aquilo que era xusto para si mesmos e para todos”.

Este libro sobre o 68 en Compostela pecha o traballo de Ricardo Gurriarán respecto desta etapa da historia, eixo temático sobre o que tamén xira Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968. O autor asinará exemplares este sábado ás 19:30 horas na Feira do libro de Santiago.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2010-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES