Notas de prensa

Recupérase a primeira publicación do poema de Novoneyra Letanía de Galicia

A Deputación Provincial de Lugo afirma que a recuperación e distribución dos primeiros exemplares da Letanía de Galicia, publicado en 1972, fan parte da contribución ao recoñecemento do Día das Letras Galegas a Novoneyra.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, logo de presidir a Xunta de Goberno da Deputación, informou na tradicional rolda de prensa posterior, fóra dos asuntos da orde do día, que a Ãrea de Cultura da Deputación “vai recuperar a primeira publicación do poema “Letanía de Galicia” de Uxío Novoneyra que se publicou en 1972”, segundo lembrou Antón Bao, no número 3, páxina 63 da revista Fronte e Cocote, da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo.

Antón Bao, na súa intervención aos medios logo da Xunta de Goberno da Deputación que presidiu, lembrou a historia da primeira edición deste poema que a Ãrea de Cultura recuperou e distribuirá franqueada por unha orla con debuxos de Castelao. O director da publicación era o enxeñeiro agrónomo e profesor Odón Luís Abad Flores, o subdirector o veterinario e profesor Leoncio Cadórniga Carro e o xefe de redacción o alumno Adolfo de Abel Vilela. A Letanía, segundo lembrou Bao, foi prohibida en tres ocasións pola censura, nunha delas aparecía na cuberta dun disco. Foi o colaborador da revista Xesús Alonso Montero, que era veciño de Abad Flores, o que propuxo a publicación. Decidiuse facer unha orla reproducindo debuxos de Castelao tomados do Ãlbum Nós que fotografou o que era alumno Miguel Ãngel Montero Vaz, dun exemplar que tiña na súa casa Abad Flores. Debuxou a orla por encargo de Adolfo de Abel o pintor Luís Gómez Pacios.

Conscientes da importancia da súa saída á luz, fixéronse cincuenta separatas en cartolina para que Uxío as puidese regalar. Desconfiando que se ordenase o secuestro da publicación agachouse a maior parte da tirada da revista, pero non houbo ningún problema posiblemente porque na delegación provincial de Información e Turismo fixeron para Madrid unha tradución suavizada do texto e porque entre os responsables da revista había persoas de confianza do réxime. Neste sentido, Antón Bao afirmou que “a recuperación e distribución destes exemplares da Letanía de Galicia fan parte da contribución con todas as actividades que está a realiza a Ãrea de Cultura da Deputación ao recoñecemento do Día das Letras Galegas a Novoneyra”.

Vítor Otero (Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo), 2010-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES