Tivo lugar o fallo do premio Losada Diéguez, que no seu apartado de Creación Literaria recaeu na novela A praia dos afogados, de Domingo Villar. O premio no eido de Investigación e Ensaio foi concedido a Pablo Carpintero Arias pola súa obra "Os instrumentos musicais na tradición galega".
O xurado estivo composto por un representante de cada unha destas institucións culturais: Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego, Deputación Provincial de Ourense, alcalde do Concello de Carballiño, Cátedra de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago e as Universidades de Vigo e da Coruña.
Os integrantes do xurado valoraron da novela de Villar "a súa excelente construción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo que atrapa o lector, asà como a solidez das personaxes, en particular do inspector Leo Caldas". Salientaron tamén "a grande capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego".
Este galardón chega asà ao seu vixésimo quinto aniversario premiando unha das novelas máis recoñecidas dos últimos tempos. A praia dos afogados recibiu o premio Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia, e o recoñecemento como Autor do Ano a Domingo Villar por esta novela, concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias. A novela foi finalista na categorÃa Libro do Ano nos premios do Gremio de Libreros de Madrid.
Os gañadores recibirán cada un 6.000 euros e un diploma, nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes, o sábado 12 de xuño.
O sistema consiste nunha solución de IA aplicada ao servizo de emerxencias, deseñada para automatizar e mellorar a transcrición de chamadas de emerxencia mediante tecnoloxÃas de recoñecemento automático da fala. Esta solución, a única presentado a esta contorna de probas por unha administración pública, permite transcribir chamadas en tempo real ou case real, almacenar as conversas en formato estruturado e facilitar posteriormente procuras, análises e investigacións sobre incidencias de emerxencia.
Máis de 100 concellos impartirán a partir de xullo cursos de introdución á lingua e cultura galegas destinados á poboación non nada na Comunidade para favorecer a súa integración, convivencia e inclusión sociocultural efectiva. Ao abeiro desta iniciativa, unha das medidas inmediatas postas en marcha no marco do Pacto pola Lingua para fomentar o prestixio do galego, realizáronse o ano pasado un total de 105 cursos con 1.503 participantes de ata 39 nacionalidades. Este curso está estruturado en cinco unidades temáticas, pensadas para acompañar o proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega.