
Os aerodeslizadores virtuais e o plató Chroma Key foron os contidos máis visitados na exposición itinerante Galiciadixital no marco do encontro Xuventude Galicianet, que se celebrou desde o venres ata o domingo 28 de marzo, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, e que contou coa visita dunhas 5.000 persoas.
Nesta ocasión, a mostra interactiva da SecretarÃa Xeral de Medios estreou a pelÃcula en 4 dimensións “Meta do Camiño” e o vÃdeo conmemorativo dos 25 anos de vida da CompañÃa de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), ademais de incluÃr outros contidos relacionados co aniversario do ente autonómico, como unha zona expositiva de obxectos relacionados coa radio e a televisión e unha serie de paneis ilustrativos da historia da CompañÃa.
“Meta do Camiño” é unha curtametraxe 4-D, é dicir, 3-D acompañado de efectos especiais de vento, aroma e fume, onde un peregrino acompaña e ilustra ao visitante nun breve percorrido en primeira persoa polos lugares máis relevantes da Catedral de Santiago, algúns dos cales non son accesibles para o visitante convencional, incluÃndo o altar maior, o órgano, o sepulcro, os tellados e un impactante botafumeiro que os visitantes poden alcanzar coas súas propias mans.
No xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, os visitantes descenden pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), mentres que, grazas ao plató “Chroma Key”, puideron converterse en presentadores de informativos, situándose nun espazo desde o que se ven reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato, inmersos nese decorado.
A través desta exposición, que ten a súa sede permanente no Mosteiro de San Martiño Pinario, tamén en Santiago, a SecretarÃa Xeral de Medios pretende amosar aos galegos e galegas de todas as idades os contidos audiovisual e multimedia realizados por empresas e universidades galegas.
Galiciadixital ofrece unha experiencia interactiva distinta á dos museos convencionais, pensada para que os visitantes non sexan simples espectadores, senón que participen en todo o seu percorrido, achegando asà os avances en tecnoloxÃa multimedia e audiovisual producidas en Galicia á cidadanÃa desde localidades preto da súa residencia.
Próximos destinos
Ata finais de ano, a exposición, cos seus contidos habituais e cos novos, relacionados cos 25 anos da compañÃa radiotelevisiva, visitará, ademais, outras 13 localidades galegas: Narón, A Rúa, Chapela (Redondela), Ferrol, A Coruña, MuxÃa, Pontevedra, Padrón, Sarria, Ourense, Arzúa, Lugo e Vigo.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.