
O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, participou na investidura de doutor honoris causa do catedrático emérito de Literatura Galega Xesús Alonso Montero. Durante o acto, que tivo lugar no marco das celebracións do DÃa da UNED, a Universidade tamén recoñeceu as traxectorias de Jean Harris Harischelhar, especialista en lingua vasca; de Antoni Maria Badia i Margarit, especialista en catalán; e de Humberto López Morales, especialista en lingua castelá.
Ademais de honrar as brillantes traxectorias académicas e profesionais destes profesores, a UNED quixo poñer de relevo a través deste acto o seu compromiso coa ensinanza das catro linguas oficiais do Estado, que vén impulsando en estreita colaboración cos diferentes departamentos de PolÃtica LingüÃstica das respectivas comunidades autónomas.
Nesta liña, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo está a apoiar a UNED para impulsar o recoñecemento do galego no marco da realidade plurilingüe do Estado español a través da oferta docente desta lingua por parte da universidade. A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica tamén colabora con outros organismos para promover unha maior oferta de estudo da lingua galega, como é o caso do Instituto Cervantes.
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero é académico da Real Academia Galega, catedrático emérito de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, erudito, polÃgrafo e ensaÃsta. Ten dedicado unha parte non pequena do seu incansable labor intelectual a estudar e divulgar figuras e feitos capitais da historia cultural e literaria de Galicia. Comeza a súa carreira como investigador en 1966 cando obtén o grao de doutor por unha tese sobre Manuel Curros EnrÃquez. Desde entón ata hoxe, ten publicados máis de 50 libros e é autor dun incontable número de artigos e ensaios.
37º aniversario da UNED
Ao longo de todo o dÃa sucedéronse diversos actos en Madrid para celebrar o DÃa da UNED, cando se cumpren 37 anos da creación desta universidade. Actualmente, a UNED conta con 61 centros asociados en España e un total de 16 centros de apoio no estranxeiro.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.