Notas de prensa

Ferrol, sede do Campeonato de España de Liga de Clubs de Triatlón

Ferrol será sede no mes de xuño de 2010 do Campionato de España de Liga de Clubs de Triatlón, no que participarán 536 triatletas de 58 clubs nacionais. Javier Gómez Noya participou na presentación dunha das competicións máis importantes do calendario do triatlón español.

O concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, presentou, xunto co campión de España de Triatlón, Javier Gómez Noya, o Campionato de España de Liga de Clubs de Triatlón, que se celebrará en Ferrol no vindeiro mes de xuño. Este, tal e como avanzou o responsable das políticas deportivas municipais, é unha das competicións máis importantes do calendario do triatlón español e nela só participan os mellores triatletas do panorama nacional. Entre eles, o propio Javier Gómez Noya. No acto desta tarde de presentación tamén estiveron presentes Paco Villanueva, presidente da Federación Galega de Triatlón, e Cali Formoso, máximo resonsable do Triatlón Ferrol.

Se ben aínda está por determinar os escenarios nos que se desenvolverá a dita competición, o edil Manuel Santiago avanzou que disputará en distancia Sprint, isto é, 750 metros de natación, 20 kilómetros de bicicleta e 5 kilómetros de carreira a pé. Haberá dúas categorías -1ª e 2ª división- e unha de Promoción, e se celebrará en dúas xornadas nas que se darán cita un total de 536 triatletas de 58 clubs, moitos destes, con estranxeiros de moito nivel nas súas ringleiras.

A competición terá lugar en dúas xornadas. Na primeira delas disputarase a Liga de Promoción e a Liga de 2ª División, polo que haberá dúas carreiras (dúas masculinas e outras tantas femininas). As dúas primeiras serán de clubs que aspiran a subir a 2ª división -ascenderán os dous primeiros clubes masculino e feminino-. Posteriormente competirán os clubs de 2ª división, un total de 10, se ben neste caso ao organizar o campionato o Triatlón Ferrol a cifra final será de 11. Finalmente, na segunda das xornadas estará adicada á 1ª división con dúas carreiras (masculina e feminina), e en cada unha delas participarán 10 clubs con 10 competidores en cada un deles.

Ferrol tomará pois o relevo de Pulpi, en Almería, que o pasado ano acolleu a celebración deste Campionato de España de Liga de Clubs de Triatlón. Nesta ocasión, os participantes, tal e como adiantou o edil e presidente do Patronato Municipal de Deportes, Manuel Santiago, serán os seguintes:

Liga de Promoción: 18 clubs participantes e 185 triatletas.
2ª División Feminina: 11 clubs e 74 triatletas.
2ª División Masculina: 9 clubs e 85 triatletas.
1ª División Feminina: 10 clubs e 92 triatletas.
1ª División Masculina: 10 clubs e 100 triatletas.

Santiago destacou a importancia deste campionato que para moitos está considerado aínda máis relevante que o Campionato de España e subliñou que nela os clubs se xogan moito polos descensos e ascensos. Ademais, é a única proba onde hai eliminados se se entra tarde respecto ao primeiro club.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2010-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (francisco_jorquera.jpg) La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
Foto de la tercera plana (isaac_diaz_pardo_ok.jpg) La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.

Notas

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Teatro Principal de Compostela a curtametraxe interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa "Conversa cunha muller morta". Aborda o drama da violencia de xénero desde unha visión máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social.
Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Eleccións: Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania