Notas de prensa

Ourense acolle o V Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde no Salón Xantar

A promoción da Dieta Atlántica e da Gastronomía dos Camiños centran esta edición do Salón Xantar que ten concedida a homologación de formación para docentes e solicitáronse créditos de libre configuración na Universidade de Vigo.

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que terá lugar en Expourense entre o 3 e o 7 de marzo, acolle a quinta edición do Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, que está centrado nas propiedades saudables da Dieta Atlántica e, nesta 11ª edición do salón adicada ó Ano Santo XACOBEO 2010, tamén á promoción da Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago.

O programa científico deste encontro abordará temas como a conservación dos alimentos, sobre a que falará, a doutora do Consello Superior de Investigacións Científicas, Laura Pastoriza, ou as propiedades nutricionais das conservas de peixe e marisco na alimentación dos peregrinos que serán analizadas pola responsable de calidade e seguirdade alimentaria da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), Corina Porro.

Vencellado coa saúde e a alimentación, este encontro inclúe a presentación por parte da Consellería de Sanidade dos resultados da última enquisa sobre os hábitos alimentarios dos galegos. A análise da gastronomía como motivación turística e, dun xeito especial neste Ano Santo, é outro dos temas a tratar por distintas entidades entre a que destaca a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, quen, na conferencia inaugural deste encontro, falará sobre cómo degustar Galicia durante o XACOBEO 2010.

A cociña nos Paradores do Camiño, a análise do papel que xogan os produtos de Galicia Calidade ou as confrarías gastronómicas e enófilas como embaixadores da Dieta Atlántica ou as claves para a promoción da gastronomía saudable dende os medios de Comunicación pecharan o ciclo de conferencias deste encontro.

NotaAdemais de Galicia, este encontro tamén contará coa participación activa das comunidades convidadas a Xantar 2010: Asturias, Estremadura, Andalucía, Canarias e as rexións turísticas portuguesas: Porto Norte, Centro e Turismo do Douro. Así, relatores destas comunidades como os críticos gastronómico asturianos Pepe Iglesias e José Antonio Fidalgo falarán, respectivamente, sobre a gastronomía no Camiño do Norte e sobre a cociña como motivación turística. Outro dos participantes será o Dr. Nicolás Boada, da Confraría de Viños de Tenerife e Canarias, que falará sobre a relación entre o viño e a música.

Actividades complementarias

O V Encontro Ibérico ofrece un amplo programa complementario de carácter práctico que inclúe catas de viños, queixos e meles e degustacións de distintos produtos procedentes das rexións participantes en Xantar como, por exemplo, a Torta de Queixo de La Serena, o xamón da Dehesa de Estremadura, a repostería de Avilés, a pataca de Galicia, o mexillón de Vilagarcía, a Ameixa de Carril, etc.

Ademais, este programa de obradoiros de cociña que, coordinados polo Centro de Formación de Hostalería de Ourense, serán impartidos por cociñeiros de recoñecido prestixio tanto galegos como das comunidades autónomas e rexións portuguesas convidadas. Cada un deles elaborará en directo un prato representativo dalgúns dos camiños que levan a Compostela.

NotaEstas xornadas, aínda que están orientadas ós profesionais do sector da gastronomía, hostalería e turismo, tamén contén atractivos para o público xeral e futuros profesionais. Por este motivo, solicitáronse créditos de libre elección para os alumnos da Universidade de Vigo e ten concedida a homologación como actividade de formación para docentes en activo da Xunta de Galicia.

A asistencia a estas xornadas ten un custo de 30 euros e precisa de inscrición previa a través da web www.xantar.org ou a través do teléfono 988 36 60 30. Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.

Gabinete de Comunicación de Expourense, 2010-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (francisco_jorquera.jpg) La situación interna de los dos partidos de la oposición en Galicia, el BNG y el PSdeG, sigue siendo complicada. El nuevo candidato nacionalista a la Xunta, Francisco Jorquera, dice que Beiras o Aymerich deberían seguir en el BNG y que Galicia no puede permitirse dos nacionalismos. El secretario general del PSdeG hace un llamamiento a los críticos para que se integren.
Foto de la tercera plana (isaac_diaz_pardo_ok.jpg) La Xunta de Galicia homenajea el miércoles 8 de febrero al intelectual gallegista Isaac Díaz Pardo con un acto en la Cidade da Cultura que está presidido por el titular del Gobierno gallego, Alberto Núñez Feijóo. Desde el fallecimiento de Díaz Pardo, el Gobierno gallego y la familia colaboraron en la organización de este homenaje.

Notas

A realizadora galega Sonia Méndez estrea no Teatro Principal de Compostela a curtametraxe interpretada por Luís Zahera e Camila Bossa "Conversa cunha muller morta". Aborda o drama da violencia de xénero desde unha visión máis próxima ao cine poético-narrativo que ao social.
Academia Galega do Audiovisual, Igape e Consorcio Audiovisual promoven a master class de Félize Frappier que analiza o funcionamento do mercado de Canadá, a internacionalización do audiovisual e presenta un caso práctico sobre estratexias.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Eleccións: Son en Asturias, pero quédannos moi preto. O Presidente Cascos, non podendo...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania