
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, denuncia que a web de Paradores del Estado www.paradores.es, un organismo dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, “está dispoñíbel en castelán, francés, alemán, inglés e catalán, pero non en galego”. “De forma inexplicábel, e sen ningún motivo que o xustifique, non se ofrece versión da páxina web en lingua galega”, advirte o deputado nacionalista.
Francisco Jorquera denuncia que “a recorrente teima da Administración Central en marxinar á lingua galega vulnera toda a lexislación e iniciativas adoptadas para que o Goberno Central respecte o carácter plurilingüísticos do Estado español”.
“É unha falta de respecto cara os consumidores galegos”
“É unha falta de respecto cara os consumidores galegos e galegas, como se non tivésemos dereito a sermos atendidos na nosa lingua, pero si os teñen os alemáns, os franceses ou os cataláns”, asegura Jorquera.
Ante esta situación, o deputado do BNG pregúntalle ao Goberno por qué motivo o galego está excluído da web de paradores e se non considera que isto é claramente discriminatorio. Neste sentido, esixe que se adopten medidas para que o galego, ao igual que o castelán, poda ser utilizado en todos os trámites da web de paradores. Francisco Jorquera pídelle ao Goberno que explique cal é a razón de que a Administración Central marxine de forma recorrente á lingua galega.
El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.
