
O Colexio Nacional de Secretarios Xudiciais, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizou unhas “Xornadas sobre a aplicación práctica das reformas procesuais”, na sede da Escola Galega de Administración Pública, onde analizaron distintos aspectos relacionados cos secretarios e as oficinas xudiciais.
As xornadas comezaron cunha mesa redonda sobre as novas competencias do secretario xudicial, en especial na admisión e na demanda, na que interviñeron o presidente do Colexio Nacional de Secretarios Xudiciais e Coordinador Provincial de Valencia, Rafael Lara Hernández, e as secretarias xudiciais Mª Jesús Prieto e Asunción Barrio.
O director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José MartÃn, falou despois sobre a adecuación das oficinais xudicial ás leis procesais. Segundo apuntou, a nova oficina xudicial ten como fin implantar na organización xudicial unha nova estrutura con unidades mellor dimensionadas e máis especializadas, o que suporá sustituir as actuais secretarÃas dos xulgados e tribunais polas novas unidades, denominadas unidades de apoio directo (UPAD) e servizos comúns procesais (SCP); crear unidades administrativas nos edificios xudiciais para asumir a xefatura, ordenación e xestión dos recursos persoais e materiais da oficina xudicial; e incorporar á Administración de xustiza as relacións de traballo como instrumento de ordenación do persoal.
Nese sentido, o director xeral explicou que na comunidade galega, a implantación desta nova oficina xudicial farase de forma progresiva en dúas fases: na primeira, servizos comúns procesais da Administración de Xustiza e Unidades Administrativas; e na segunda fase, os servizos comúns de ordenación do procedemento e servizos comúns de execución.
E para rematar as xornadas houbo uns obradoiros por ordenes xurisdicionais, dirixidos no ámbito civil por Diego Espino, secretario do Xulgado de 1ª instancia de Vigo; no ámbito penal por Concepción Rivas, secretaria do Xulgado nº2 de Santiago; no ámbito social, por Ana Carrasco, secretaria do Xulgado nº4 da Coruña; e no ámbito contencioso-administrativo, por Francisco Rubio, secretario do Xulgado nº2 de Santiago de Compostela.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.