Notas de prensa

Turgalicia e Iberia colaboran na promoción turística galega en España e no exterior

A compañía aérea incluirá descontos aos visitantes que se acheguen a coñecer Galicia a través de fam-trips e demais viaxes de familiarización que teñan a comunidade autónoma como destino, especialmente no Ano Santo 2010.

A conselleira delegada da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, Carmen Pardo López, e o xefe da Unidade de sevizos de Ventas de Iberia, Javier Giménez Vázquez, así como o xerente comercial Norte de compañía de transporte aéreo, Ricardo Gutiérrez Sánchez, asinaron un acordo entre as dúas sociedades co obxecto de favorecer a promoción turística de Galicia, tanto no resto de España como no estranxeiro, de xeito que os profesionais do turismo que se acheguen á Comunidade galega durante este ano poderán ter descontos nos billetes de avión.

Pola súa parte, Turgalicia insertará en todo o seu material promocional o logotipo de Iberia como transportista oficial e inserirá un link na súa páxina web para a promoción da compañía de transporte aéreo Iberia.

Viaxes de familiarización

Por medio deste acordo, que inclúe descontos nos billetes de entre o 20 e 0 50 por cento, poderanse reservar prazas para grupos, considerados estes formados por un número superior a nove pasaxeiros. Trátase de potenciar os chamados fam-trips e viaxes de familiarización que teñan Galicia como destino.

Deste xeito, poderán acollerse a este acordo colectivos de operadores turísticos e xornalistas especializados en Turismo que visiten Galicia desde os mercados emisores nos que opera Iberia ao obxecto de organizar viaxes de familiarización para que estes tomen contacto co destino turístico Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES