
Xa están dispoñibles no Diario Oficial de Galicia as bases da convocatoria das 56 bolsas de formación especializada en relación coa promoción turÃstica ofertadas pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da SecretarÃa Xeral para o Turismo para as oficinas de turismo dos municipios de Interese TurÃstico e mais para a rede de oficinas da Xunta de Galicia. Esta é a primeira convocatoria na que as bolsas se destinan de xeito exclusivo aos municipios turÃsticos. Procédese polo tanto a convocar a orde de 30 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación práctica en oficinas de información turÃstica durante o 2010.
O contido da bolsa persegue fomentar o perfeccionamento profesional do bolseiro mediante a realización de prácticas formativas nas oficinas de información turÃstica con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das prácticas. Poden optar a estas bolsas os técnicos superiores en información e comercialización turÃsticas, os técnicos superiores en axencias de viaxes, os técnicos especialistas de secretariado bilingüe, os diplomados ou licenciados en turismo e licenciados universitarios da rama de humanidades. Estas titulacións deben estar finalizadas nos 3 anos inmediatamente anteriores ao momento do remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.
Para a concesión das bolsas destinarase ata un máximo de 311.400 euros e a dotación económica de cada bolsa será de 900 euros brutos mensuais. A comisión, unha vez examinadas as solicitudes presentadas, elaborará unha lista cos aspirantes admitidos e excluÃdos, detallando neste caso a causa de exclusión, e convocará os primeiros á realización da proba tipo test sobre o temario que se inclúe en anexo nas bases da convocatoria.
Pódese obter máis información sobre as bolsas no apartado de axudas da web da SecretarÃa Xeral para o Turismo: www.sxturismo.org e tamén no D.O.G. do martes 16 de xaneiro de 2010.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.