Vilariño de Conso converteuse no primeiro concello galego en posicionarse contra o decretazo do galego.
Este concello ourensán -cuxo alcalde é do Partido Popular- aprobou por unanimidade a moción impulsada polo BNG en que se demanda a retirada do decreto, se insta á Xunta a que cumpra as súas obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza e se lle pide taxativamente ao Goberno galego que retorne ao consenso polÃtico e social que ficou consagrado quer na Lei de Normalización LingüÃstica quer no Decreto 124/2007, produto este último do Plano de Normalización LingüÃstica.
A moción do BNG foi apoiada polos votos do PP e do PSOE.
Esta iniciativa do BNG, cuxo texto se achega, vaise debater no conxunto dos concellos galegos e nela afÃrmase que “é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta de Galiza que maltrate e desprece a lingua propia do noso PaÃs”.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.