Notas de prensa

As Deputacións de Lugo e Ourense estudan a creación do museo Manuel María

Os presidentes das Deputacións Provinciais de Lugo e de Ourense, Antón Bao e José Luis Baltar, reuníronse para estudar a posible creación do museo sobre o poeta Manuel María na súa casa natal.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, xuntouse en Ourense co presidente da Deputación de Ourense, José Luís Baltar, para estudar a participación da Deputación de Ourense no proxecto de creación do museo sobre o poeta Manuel María na súa casa natal, un proxecto que promove a vicepresidencia da Deputación de Lugo desde a súa Ãrea de Cultura. Antón Bao agradeceulle a José Luís Baltar a prontitude na resposta por parte da Deputación de Ourense e destacou a importancia da implicación de todas as institucións do pais para levar a cabo este proxecto. Pola súa banda o presidente da Deputación de Ourense manifestou a súa predisposición a participar no proxecto e colaborar na creación dunha sede digna para a Fundación Manuel María. Baltar felicitou ao vicepresidente da Deputación de Lugo “por esta interesante iniciativa posto que Manuel María é un dos bos e xenerosos deste pais e a súa memoria non debe de ser esquecida”.

Tal e como explicou o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, esta é a segunda xuntanza, logo de entrevistarse hai un par de semanas co seu homólogo coruñés, da rolda de contactos que se están a manter para lograr facer da casa de Manuel María un centro cultural para todo Galiza. Antón Bao remarcou que pola “transcendencia desta iniciativa en todo o ámbito do País, perséguese a implicación de todas as institucións que teñen competencias en materia cultural e daqueloutras que tiveron relación directa coa vida do poeta”. Neste camiño, Bao explicou que se pretende un achegamento para ver posíbeis puntos de colaboración entre as administracións galegas con responsabilidade en materia cultural (as Deputacións e a Consellaría de Cultura e Turismo), e aquelas institucións que tiveron relación directa e persoal con Manuel María, como é, por suposto, o Concello de Outeiro de Rei, o Concello de Monforte de Lemos, o Concello da Coruña e o Concello de Lugo. Antón Bao manifestou que o proxecto aínda se atopa nunha etapa incipiente pero que co liderado da Deputación de Lugo e o apoio doutras administracións poderase materializar e facer da casa natal do poeta Manuel María un centro cultural museístico para que os galegos e as galegas se acheguen á vida e obra do escritor chairego.

O nacionalista Antón Bao lembrou que a idea do proxecto de creación dun museo na casa natal de Manuel María xurdiu ao recoller a proposta feita desde a Fundación Manuel María. Bao, a este respecto, explicou que existe un claro “compromiso da Ãrea de Cultura da Deputación por manter o legado e a memoria do poeta Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato, dispoñer dese espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais e calquera outro feito que garde relación co poeta, de xeito que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa figura e a súa obra ao pobo galego”.


Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, 2010-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (terceira-idade.jpg) A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
Foto de la tercera plana (cgac-2021.jpg) A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu título do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e María Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica, un dos campos con maior potencial para o tratamento de enfermidades de base xenética e para a medicina rexenerativa.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES