
O Departamento de Turismo de Concello de Palas de Rei puxo en marcha o luns 18 de xaneiro o curso de Inglés destinado a personal relacionado co sector hosteleiro e coa atención ó público en xeral. Este curso, no que se inscribiron 40 alumnos impártese en dous grupos, dada a facilitación da docencia, de luns a xoves (ámbos inclusive) na Casa de Cultura de Palas de Rei en horario de: 18:00 a 19:30 un grupo; e de 20:00 a 21:30h outro dos grupos. O obxetivo deste curso que imparte o profesor Enrique Vázquez Expósito é que os asistentes poidan manter unha conversación fluida co visitante extranxeiro que acude ós seus establecementos.
Outra das iniciativas que se está levando a cabo por parte do Departamento de Turismo do Concello de Palas de Rei é a tradución de Cartas-Menú de establecementos hosteleiros do termo municipal de Palas de Rei que asà o manifesten o Concello de Palas levando as Cartas- Menu do interesao/a. A tradución é ós idiomas: inglés, Francés e Italiano e está sendo realizada por un equipo de expertos en idiomas. Con motivo deste ano Santo e ante a previsible chegada dun número importante de peregrinos facendo as dúas rutas de Peregrinación a Compostela coas que conta este termo Municipal (Francesa e Primitiva) o obxetivo desta iniciativa facilitar a comunicación entre o peregrino internacional e os empregados no sector Hosteleiro local.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.