
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, presentou na Casa da Cultura de Vilalba, acompañado do presidente do Instituto de Estudios Chairegos, Manuel Castro Santamariña, a reedición dos números 1 e 3 do Caderno de Estudios Chairegos que levou a cabo a asociación homónima co apoio da Ãrea de Cultura da Deputación. A reedición destes dous números dos Cadernos de Estudios Chairegos, asà como outras edicións e actividades promovidas pola asociación vilalbesa, púidose ver materializado grazas á estreita colaboración entre a Ãrea de Cultura da Deputación e o Instituto de Estudios Chairegos.
Na súa intervención, o nacionalista Antón Bao destacou o “traballo abnegado do Instituto de Estudios Chairegos a prol da recuperación, revitalización e investigación do noso patrimonio cultural, sinal de identidade que nos identifica como pobo”. Por iso, Bao manifestou que “desde a entrada no goberno da Deputación, desde a Ãrea de Cultura sempre tivemos claro que para dinamizar culturalmente Lugo e o PaÃs era necesario apoiar o asociacionismo, xerme de ideas e motor cultural e social”. Deste xeito, Antón Bao remarcou que “a Deputación de Lugo estará sempre axudando a todos aqueles colectivos que, como o IESCHA, traballan para manter vivos unha cultura, un idioma – e máis nestes tempos nos que se está vendo continuamente ameazado a teor da resposta social que hoxe vai haber a favor do fomento da lingua- e todos aqueles elementos culturais que edificaron a nosa historia como pobo e cuxa preservación e valorización resultan fundamentais para manter viva a nosa identidade”.
Pola súa banda, o presidente do Instituto de Estudios Chairegos, Manuel Castro Santamariña, agradeceu todo o apoio recibido por parte da Ãrea de Cultura da Deputación, “o que lle permite á asociación levar a cabo tarefas como a reedición que hoxe presentamos, de xeito que se cumpre unha demanda social, xa que os números estaban esgotados desde hai tempo e moitas persoas reclamaran insistentemente poder facerse cun volume”. Ademais, lembrou Santamariña que “grazas ao apoio da Deputación, púidose realizar tamén o exitoso certame de pintura rápida ao aire libre ou celebrar o 5º DÃa da Cultura Chairega coincidindo co 5º cabodano de Manuel MarÃa”, polo que agradeceu que este apoio continuase o vindeiro ano “xa que proxectos non nos faltan”.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.