
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Juan Carlos Fernández Fasero, mantiveron unha reunión de traballo cos representantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia para atender as peticións cursadas polo colectivo. Como resultado do encontro, acordouse aumentar en 200.0000 euros as axudas ao sector para o ano 2010, ascendendo o presuposto total ata 2.600.000 euros. ”Este presuposto destinarase a producións, e sobre todo á rede de distribución, para conseguir que o teatro chegue a todos os galegos”, explicou o conselleiro.
Roberto Varela adquiriu novos compromisos co colectivo das artes escénicas para apoiar a produción e distribución dos diferentes traballos. O conselleiro de Cultura e Turismo, comprometeu o apoio de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e da ConsellerÃa a través da posta en marcha de “axudas directas a produción e apoio á rede, e dicir, á distribución desas producións”.
Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo remarcou que “non son tan importantes as axudas á produción, que si son moi necesarias, como á parte da distribución”. Polo tanto, aclarou que se vai a facer “un esforzo especial na rede, de tal forma que toda produción que veña subvencionada pola Administración se poda facer en varios sitios e sexa moito mais rendible”.
Doutra banda, ambas partes acordaron reunirse unha vez cada seis meses a través dunha comisión de avaliación do Plan Galego das Artes Escénicas (2008-1011) para “manter un dialogo continuo entre tódalas partes”. Nesta reunión, o conselleiro de Cultura e Turismo, fixo entrega dunha carta a tódolos representastes, un documento en resposta a unha primeira carta do colectivo actores e artistas onde expresaban as súas demandas, queixas e inquietudes pola diminución do presuposto. Roberto Varela xustificou estes compromisos as artes escénicas por ser “ tanto parte da cultura galega, como unha industria cultural sensible”, e recordou que “é unha industria que hai que coidar, porque xera emprego e que xera actividades culturais nos concellos”.
Plan Galego das Artes Escénicas
Na carta entregada hoxe aos representantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Roberto Varela expresa o seu desexo de “diálogo e reflexión á procura de puntos de encontro para facer das nosas artes escénicas un referente principal da Cultura Galega”. Doutra banda, tamén se le pedÃa tempo ao sector posto que con este novo executivo non se “paralizou ningún plan do anterior goberno, respectando as programacións para o sector, como era a Feira Galega das Artes Escénicas”.
De cara o futuro, Roberto Varela e Juan Carlos Fernández Fasero mostraron o interese de aprobar os estatutos de AGADIC durante o primeiro trimestre de 2010, e asà “fortalecer as ferramentas esenciais para o noso quefacer, poñendo en marcha con normalidade o proxecto da nova AGADIC. A intención da ConsellerÃa de Cultura e Turismo é “deixar AGADIC equilibrada a comezos de ano –sen débedas do pasado–, e funcional para comezar unha nova (e confiamos que proveitosa) andaina”.
Doutra banda, Roberto Varela afirma que “asumimos o Plan Galego das Artes Escénicas (2008-2011), parécenos, en liñas xerais, un bo plan susceptible de mellorÃa continua” e que “terá a súa prolongación (de xeito máis perfecto e axustado á realidade futura, previa revisión, negociación e acordo co sector e cos axentes sociais implicados), durante o seguinte cuadrienio (2012-2016)”. “As primeiras medidas serán avanzar no Plan Operativo 2010 e na Avaliación do Plan Operativo 2009”, engadiu.
Dentro da convocatoria para a provisión das prazas de dirección do CDG e do CCG –toda vez xa contan co informe positivo de Función Pública e Orzamentos–, farase anuncio público no DOG do concurso para cubrir as mesmas, durante a primeira quincena do mes de xaneiro. Previamente, colgaranse as bases na web de AGADIC, de xeito informativo, para todos aqueles/as que poidan estar interesados en participar neste proceso.
Roberto Varela tamén subliña na súa carta que “respecto ás esixencia que nos remitides, queremos volver a comunicar a nosa completa oferta de dialogo, que ata o de agora, penso que se ten concretado con feitos”. Igualmente, afirma que “a transparencia penso que foi, é e será total, e a participación do sector está completamente asumida e garantida.
De feito, envióuselle unha nota ás principais asociacións para que remitiran a AGADIC propostas de cara a elaboración da nova convocatoria de axudas; asà mesmo, representantes da ConsellerÃa reunÃronse coa meirande parte das asociacións do sector para discutir as distintas problemáticas que as mesmas atopan e/ou sofren. Finalmente, o conselleiro de Cultura e Turismo reiterou que dende o seu departamento “estamos abertos a todas as suxestións e a todos os encontros e negociacións con todos”.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.