
A asociación cultural A Pipa de Becerreá organiza, co apoio da Ãrea de Cultura da Deputación, o Certame Literario que nesta edición leva por tÃtulo XVII Noite Poética a Pipa´09 con Yolanda Castaño. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou neste encontro na súa vila natal. Antón Bao que ven participando, con asiduidade, neste encontro anual sianlou “é un orgullo poder achegarse cada ano ata Becerreá para compartir esta noite literaria e comprobar como, en cada edición, o esforzo dos organizadores se ve recompensado cun maior nivel participativo en cantidade e calidade”.
O xurado, que emitiu o seu fallo, estivo presidido por Alicia Chao Penela e composto por Amparo Becerra Arrojo , Marta RodrÃguez López e Afonso Becerra, acordou conceder vos seguintes galardóns: Primeiro premio para Ana Digón Caño, de San Pedro-Cervantes, polo texto titulado Filomena, Filomena, e segundo para Adrián RodrÃguez Pardo, de Aucella, Cervantes, polo seu relato Un home moi especial. Os accésit foron para Carlota Yepes Pereira (Becerreá) por O agocho secreto; Sandra López López (Vilachambre-Baralla) pola Pipa contacontos; Ana MarÃa Aira Seijo (Celeiró-Pedrafita do Cebreiro) por O xardÃn dás letras; Miguel Ãngel Alba RodrÃguez (Santa Mariña-Cervantes) por O gato preguizoso; e Tania López RodrÃguez (Vilarguite-Cervantes) pola Nena con corazón de paxaro.
O poema titulado Como atopar a moza correspondente, de Jesús José RodrÃguez Cedrón (Dumia-Cervantes) foi elixido gañador, sendo segundo Fruttys, de MarÃa del Carmen Fontal Maciñeiras (Pol-Baralla). Houbo tres accésit para Historia dun labrego, de Beatriz Rosón López (Vilardemouros-Cervantes); A gaita galega, escrito por Sandra Fernández GarcÃa (Sobrado de Picato-Baralla); e A lúa e o sol, do que é autor David Rubianes Núñez (Penarrubia-Baralla). O xurado declarou deserto ou primeiro premio nesta categorÃa e tampouco concedeu accésit. Otorgouse o segundo premio a Xosé Luis Vázquez Somoza, de GuntÃn, polo seu texto O ballón de San Xoán.
O poema Axóuxeres de salitre, escrito por RocÃo Leira Castro (Pereira-Cee-A Coruña) acadou ou primeiro premio; mentres que ou segundo foi parar a Xosé Otero Canto, de Lugo, co texto titulado Ecoando buguinas en apertas apreixadas (A xeito de liras en pentasÃlabos).
As Noites Poéticas organizadas pola asociación cultural A Pipa son unha homenaxe ás escritoras e aos escritores da literatura galega. Trátase dun achegamento directo ao labor creativo, á filosofÃa e á persoa da autora recoñecida na xornada, neste ano foi a poeta Yolanda Castaño. A velada constou dunha primeira parte na que se estableceu unha conversa distendida coa escritora homenaxeada guiada por Marta de Sinllán e Afonso Becerra, na que tivo a oportunidade de participar o público asistente. Na segunda parte proxectáronse dúas pezas de videocreación de Yolanda Castaño.
Esta actividade anual que organiza a asociación cultural A Pipa de Becerreá comezaron a celebrarse o 28 de decembro de 1996 con UxÃo Novoneyra. Desde aquela ata agora celebraronse dezasete veladas, das que foron protagonistas: Manuel MarÃa (28/12/1997), Helena Villar Janeiro (26/07/1998), MarÃa Xosé Queizán (28/12/1998), MarÃa do Carme Kruckenberg (28/12/1999 e 29/12/2000), Chus Pato (28/12/2000), Marica Campo (28/12/2001), Xesús Rábade Paredes (28/12/2002), MarÃa do Cebreiro (29/12/2002), Cristal Méndez Queizán (28/12/2003), Bernardino Graña (2/01/2005), DarÃo Xohán Cabana (28/12/2005), Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (27/12/2006), Manuel Lourenzo (29/12/2007), MarÃa Xosé Queizán (27/12/2008), e Manuel Rivas (28/12/2008).
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.