Na vila da Arzúa reuniuse o xurado da XXXV edición do Premio Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro e coa colaboración do Concello da Arzúa.
O xurado estaba formado por:
X.Ramón Fandiño Veiga
Avelino Pousa Antelo
Anxo Angueira
Xosé Vázquez Pintor
Ramón Torreiro
e David Otero que actuou como secretario.
PREMIADOS:
1º Premio obra titulada "Era el" de Juan Tallón Salgado, de Ourense.
ACCESES:
1. Para a obra titulada "A MOVIDA" de Manuel Quintáns, de Santiago de Compostela
2. Para a obra titulada "GASPAR, GASPAR" de Fernando Lavandeira, de Boiro-A Coruña
O acto de entrega celébrase o 26 de decembro, ás 12.00 horas, na Capela da Madanela de Arzúa.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.