Notas de prensa

A Deputación de Ourense nomea Fillo Predilecto a Recaredo Paz

José Luis Baltar destaca a súa gran valía, a extraordinaria traxectoria de superación persoal e a inmensa labor social desenvolvida ao longo da súa vida.

A Deputación de Ourense nomeo a Recaredo Paz Prieto fillo predilecto de Ourense, a título póstumo, nun acto solemne que tivo lugar no Salón de Plenos da Institución provincial coa participación da Corporación, familiares, amigo se destacados persoeiros da vida social, institucional e académica de Ourense. A distinción que lle outorgou a Deputación ao gran impulsor do proxecto “Aixiña” foi recollida pola súa viúva, Olga Cuña.

O presidente da Deputación, José Luis Baltar, dixo no seu discurso que esta é unha distinción persoal, “pero este acto tamén é unha homenaxe á loita pola superación, á loita contra as barreiras físicas e sociais, á loita contra a desigualdade e contra a exclusión social”, e engadiu que Recaredo “foi sempre un loitador infatigable, un creador de ilusión, un innovador, un facedor de soños, un emprendedor encomiable”.

José Luis Baltar dixo que tendo a Recaredo Paz como exemplo, “quero facer unha chamada á solidariedade como único camiño cara á igualdade, unha chamada á loita para recobrar o sentido ético que faga que os fortes sexan máis xustos para que os débiles poidan sentirse máis seguros”.

Con este galardón que a institución provincial lles outorga ós fillos máis destacados da nosa provincia, a Deputación, que sempre posibilitou a integración social, “súmase ao sentir de persoas, empresas e entidades, recoñecendo o traballo excepcional de Recaredo Paz e a súa repercusión en tódolos ámbitos sociais, en canto á defensa dos dereitos de todos e a consecución de metas que parecían inalcanzables”, afirmou Baltar.

Defensa dos dereitos dos discapacitados

Ao longo da súa vida, Recaredo Paz significouse pola defensa dos dereitos dos discapacitados en Ourense. O seu derradeiro proxecto foi a construción do Centro Integral de Servizos “Aixiña”, unha referencia no eido da atención e apoio ás persoas con discapacidade. O esforzo de Recaredo Paz fixo posible que este centro conte coa maior parte dos recursos que Ourense ofrece ao discapacitado físico, como son o asesoramento e apoio, terapias, formación, actividades de ocio, deporte adaptado, centro de día, servizo residencia e integración laboral.

Recaredo Paz naceu en 1959 en Taboadela. Aos 15 anos a súa mobilidade viuse condicionada a unha cadeira de rodas, malia o cal non perdeu interese pola vida activa. Aos 24 anos pasou a ser funcionario administrativo do entón Serem, e con esta perspectiva realizou outros estudos e ao mesmo tempo intensificou a súa participación en tarefas da Asociación Auxilia, coa que entrara en contacto nos seus comezos, alá polo ano 1969.

Un ano máis tarde contacta coa Asociación Auxilia-Ourense, que integra voluntarios que traballan no campo da promoción humana e social do discapacitado. Posteriormente concibe a idea dunha “Auxilia-Infantil”, que leva á práctica con nenos e nenas de educación básica. A súa misión é acompañar aos nenos diminuídos físicos, organizando o grupo de amizade e acompañándoos en excursións, colonias ou centros de lecer.

Divulgador incansable

Paralelamente, pon en marcha un programa de radio na cadena Cope chamado “Revolución en Ruedas”, con diferentes contidos sobre os problemas do discapacitado, e dirixe durante varios anos a revista de Auxilia-Ourense. Con frecuencia é requerido por centros escolares e universidades e outros centros educativos para impartir conferencias sobre a mentalización dos problemas de marxinación, e xa como coordinador da asociación pon en marcha o proxecto de construción dun edificio integrador de servizos múltiples, onde poder desenvolver máis eficazmente as distintas accións de Auxilia, sobre todo no campo da cultura, do traballo e da asistencia social.

Ademais da súa dedicación ao ámbito deportivo dos discapacitados, Recaredo Paz, desenvolveu proxectos de atención á escolarización de nenos con problemas de retraso escolar, e a posta en marcha de iniciativas en favor de eliminar barreiras arquitectónicas.

O derradeiro proxecto de Recaredo Paz foi a construción do Centro de Servizos “Aixiña”. Este centro, de case 7.000 metros cadrados, contén a maior parte dos recursos que Ourense ofrece ao discapacitado físico: asesoramento e apoio, terapias, formación, actividades de ocio, deporte adaptado, centro de día, servizo residencia e integración laboral.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2009-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES