
Xogando co atletismo iniciou o programa de actividades lúdico-recreativas incluÃdo na campaña de deporte en idade escolar Xogos Galegos Deportivos Escolares (XOGADE). Máis de 120 alumnos da comarca da Coruña déronse cita no Palacio de Deportes de Riazor, que foi escenario da estrea desta nova programación.
Entre os participantes destacou un nutrido grupo de alumnos de educación especial do centro da nosa Señora de Lourdes, que tamén tomou parte nas diferentes actividades que se levaron a cabo no horario escolar que é un dos principais valores das xornadas lúdico-recreativas dos Xogos Galegos Deportivos.
Os participantes tiveron oportunidade de tomar parte nas actividades de promoción do atletismo que promove a Federación Galega deste deporte, que colaborou na Xunta de Galicia no desarrolllo desta xornada que concluÃu coa entrega de diplomas para todos.
Esa intención tradúcese na posta en marcha do programa, Xogos Galegos Deportivos Escolares (XOGADE) e no nacemento das actividades lúdicos-recreativas que achegarán aos colexios, dun xeito divertido, modalidades como natación sincronizada, bádminton, trÃatlon ou o atletismo. Na aposta polo deporte escolar intégranse novas disciplinas como natación, natación sincronizada ou o fútbol na categorÃa benxamÃn e alevÃn, que serán aumentadas a próxima tempada con máis idades.
A entrada do fútbol no programa escolar foi a grande novidade do programa. Grazas a xestión da Xunta de Galicia máis de dez mil nenos no terán que abonar a mutualidade deportiva. Unha xestión que permite un aforro considerable. A próxima temporada entrarán na campaña a categorÃa infantil e cadete.
A inclusión de fútbol resume a nova filosofÃa do deporte escolar que tamén contará con novas disciplinas. Apostando por un deporte participativo e de goce recupéranse as competicións B coa finalidade de que os escolares poidan prolongar as súas actividades durante todo o curso porque é fundamental pór en valor os beneficios que xera a práctica da actividade fÃsica desde unha temperá idade.
Ademais neste curso recupérase a celebración da OlimpÃada Escolar que ata o 2005 se levaba a cabo en Silleda e que nesta ocasión disputarase nunca cidade aÃnda sen determinar é que será a festa final dos Xogos Galegos Deportivos Escolares (XOGADE).
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.