24 horas de conexión a Internet sen lÃmite de descarga por 39 euros ao mes. Os veciños de 51 concellos do rural ourensán poderán acollerse a este novo servizo que promove a Deputación de Ourense, o cal permitirá o acceso a banda larga a miles de ourensáns que residen nas zonas rurais. Por este servizo, cada usuario pagará unha cota mensual de 39,44 euros e outros 110,20 euros pola cota de alta para sufragar o custe do servizo, que é posible grazas á Deputación de Ourense que financia a infraestrutura necesaria para dotar de acceso ás novas tecnoloxÃas ao rural ourensán, coa mesma calidade e rapidez que nas cidades.
Neste senso, a Deputación de Ourense ven de adxudicar o contrato de concesión para a prestación de acceso a Internet de banda larga aos concellos incluÃdos no ámbito dos proxectos “Arraiano”, “Terras do Avia” e “Delorur” á empresa Iberbanda, S.A., que presentou a súa oferta técnica. Esta empresa conta cunha amplÃa experiencia en dotar de conectividade a través de tecnoloxÃa Wimax ás zonas do rural onde non existen outras infraestruturas de banda ancha.
O proxecto está cofinanciado ao 70% polos Fondos FEDER de desenvolvemento rexional, sendo xestionado polo Negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos, co fin de cumprir un dos principais obxectivos dos devanditos proxectos: conseguir que a maior parte da poboación rural dos 51 concellos teñan acceso a unha banda larga de calidade.
A tecnoloxÃa proposta para a rede é WIMAX-e conforme o estándar IEEE 802.16-2005 e soportada na banda de frecuencias de 3,5 GHz. A empresa Iberbanda, S.A. oferta un paquete de servizos definidos por un importe total de cota de alta 110,20€ (IVE incluÃdo) e cota mensual de 39,44€ (IVE incluÃdo). O servizo estará dispoñible para tódolos usuarios dentro da zona de cobertura proposta. Estas tarifas estarán vinculadas a un acceso de 24 horas sen limite de descarga e sen compromiso de permanencia. A cota de alta contempla tanto a instalación como o alta, incluÃndo tódolos conceptos para a posta en servizo do cliente. A tarifa mensual incluirá os custos de mantemento e alugamento de equipo do usuario.
Os concellos que se beneficiarán deste servizo, dentro do proxecto Arraiano son: Baltar, Os Blancos, Calvos de RandÃn, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, OÃmbra, Riós, VerÃn e Vilardevós.
Polo que atinxe ao proxecto Terras do Avia os concellos que comprende son: San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor, PunxÃn, Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Finalmente, o proxecto Delorur abrangue os concellos de: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, PetÃn, A Rúa, Rubiá, A Veiga, VilamartÃn de Valedoras, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
A posta en marcha do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta. Preto de 1.800 persoas de cen ou máis anos viven na comunidade galega, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar. Deste xeito, Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres, superando en ambos os casos a media estatal.
A mostra a 'Illa ignorada' estará aberta ata o 12 de febreiro de 2027 e toma o seu tÃtulo do primeiro poemario da escritora Gloria Fortes. Nela cabe destacar os traballos tanto dos artistas galegos Alberto Ardid, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Ariadna Silva, Seoane e MarÃa Elena Montero, como os de Abel Azcona, Amparo Garrido, Regina Giménez, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Ãñigo Royo, Regina Silveira. Ademais desta nova mostra, o centro tamén inaugurou a ampliación, no dobre espazo do Centro Galego de Arte Contemporánea, da exposición Misha Bies Golas, que abriu ao público o pasado 22 de maio cunha escolma de máis de dúas décadas da creación heteroxénea do lalinense Miguel Calvo Ulloa, un dos fundadores do colectivo Nova Escultura Galega.