Notas de prensa

Antón Alcalde, gañador do II Concurso de Composición da Federación Galega de Bandas de Música Populares

As obras Pórtico e Marea Negra, de Antón Alcalde Rodríguez, mereceron os primeiros premios de banda de música e de sección sinfónica do II Concurso de Composición da Concurso de Composición da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Federación Galega de Bandas de Música Populares:

Antón Alcalde Rodríguez
Gañador do 1º PREMIO para Banda de Música e do 1º PREMIO Sección Sinfónica
Obras Premiadas: Pórtico (banda) e Marea Negra (Sección Sinfónica)

Nace en Rianxo o 3 de xullo de 1992 e é compositor residente da Escola de Música de Rianxo. Con tan só 17 anos recibíu xa o Primeiro Premio no II Concurso Iberoamericano de composición para banda “Vila de Ortigueira” e un diploma á obra “Pinocho” pola contribución ao repertorio galego das bandas de música.
Realizou numerosos cursos con profesionais da talle de Patrick Doyle,. Michael Giacchino, Wataru Hokoyama, Andrea Datzman ou James Sherman.

José Luis Represas Carrera
Finalista para a Sección Sinfónica coa obra A pedra da serpe.

Nace en Xinxo no ano 1970 e inicia os seus estudos musicais na Banda de Música Xuvenil de Xinzo.. Cursa estudos de saxofón, gaita e composición nos Conservatorios de Vigo e A Coruña. Dirixíu numerosas bandas e solistas de talle mundial. Cabaleiros de Santiago, a súa obra máis recoñecida foi gravada pola Tokyo Kosey e o tropetista Pacho Flores en decembro de 2008 no Xapón.

Diego David Cuevas Sánchez
Finalista para a Sección Sinfónica coa obra A lenda da Santa Compaña

Nace en Consuegra (Toledo) no ano 1967. Estuda clarinete e composición. No ano 1998 obtén a praza de profesor de Harmonía na Comunidade de Galicia. No ano 2003 recibíu o Premio Internacional de Composición para xoves orquestras de Murcia e no ano 2008 o 2º premio do Concurso Iberoamericano de composición para banda “Vila de Ortigueira”.

Juan Manuel Eiras Tojo
Finalista para a Sección Banda de Música coa obra Auga levada

Nace en Vigo en 1977. Comeza a estudar música con cinco anos . Estuda composición no Conservatorio de Vigo obtendo como cualificación final Sobresaliente. Ten participado en numerosos cursos, xornadas e gravacións. Editou con Dos Acordes e Periferia Sheet Music. Na actualidade é funcionario de carreira do corpo de profesores de música e artes escénicas, na especialidade de Fundamentos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Federación Galega de Bandas de Música Populares, 2009-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES