
Esta Semana revestÃu para Fonmiá un carácter especial por varios motivos, tendo que subliñar alomenos a presencia en Lugo de Eduardo Fajardo e a colaboración do Grupo Achádego. E, naturalmente a homenaxe rendida ó Club Emeve (“Todos somos Emev”), coa proxección da pelÃcula “La vida sin Grace” e a entrega dunha placa polo gravÃsimo accidente sufrido, no que morreron tres xogadoras e outras resultaron feridas.
Eduardo Fajardo, actor nado en Galicia con relevancia internacional, disfrutou do agarimo dos lucenses, da acollida institucional e amistosa das institucións e os seus representantes, e correspondeu con todos nós coa representación do monólogo “La guitarra y el tiempo” en Caixa Galicia, a presentación do libro “Eduardo Fajardo, o vilán do cine español”, e as repetidas manifestacións da súa grandeza persoal e cinematográfica durante catro intensos dÃas. Compre destacar que deste libro tamén se fixo unha tirada en castelán – “Eduardo Fajardo, el villano del cine español”- para a súa distribución en México, onde é querido e admirado por todos.
A exposición que con motivo da súa participación na Semana se abrÃu na Sala de arte da Deputación Provincial, estará aberta durante toda esta semana.
Polo que se refire ó Grupo Achádego, puxo o contrapunto teatral á actividade cinematográfica, comezando pola montaxe efectuada diante do edificio da Deputación Provincial con motivo da presentación oficial da Semana, e culminando coas cinco representacións no Auditorio nos momentos previos ás proxeccións do ciclo oficial, dando vida teatral a cinco momentos estelares do cine galego e mundial. Sen esquecer o paseo por Lugo de persoeiros cinematográficos como Marilyn ou Charlot, que fixeron patente diante dos lucenses que a cidade vivÃa xornadas especiais de convivencia cinematográfica.
Esta Semana aÃnda non rematou verdadeiramente, xa que – coa colaboración especial da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo - vanse ofrecer proxeccións en Mondoñedo e Burela da pelÃcula francesa “La Clase”, gañadora do gran premio de Cannes en 2008. Preténdese crear ambiente cinematográfico en pobos lucenses que en tempos tiveron cine e xa non o teñen na actualidade, como un xermolo de futuras accións nestas e noutras localidades da provincia de Lugo.
Gracias a todos no nome do Grupo Fotocinematográfico Fonmiá.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.