
A SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria, convoca un concurso para promover a elaboración desde a comunidade escolar dunha exposición sobre a obra, época e lingua de UxÃo Novoneyra, o autor ao que o próximo ano se lle dedica o DÃa das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüÃstica na que viviu o escritor courelao.
O Concurso-Exposición Letras Galegas 2010 vai dirixido a todos os centros de ensino non universitario de titularidade da ConsellerÃa de Educación: públicos e privados, escolas unitarias e de ensino primario, centros rurais agrupados, centros de ensino secundario, centros integrados, escolas oficiais de idiomas ou centros de educación de adultos.
Bases do concurso
A convocatoria do concurso establece dúas categorÃas, unha para os centros de educación infantil e primaria e outra para os restantes. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorÃas. O eixe temático da exposición, que deberá constar de quince carteis de 70x100, será a obra e a época de UxÃo Novoneyra, observada desde unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico sexa só un motivo para afondar nunha realidade complexa e heteroxénea. Os centros de ensino poderán presentar os seus traballos ata o próximo dÃa 8 de febreiro.
Premios
Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por un importe de 4.000 euros, 1.000 máis que na pasada edición. Ademais, a mellor exposición de cada unha das categorÃas será imprimida e distribuÃda en máis de 2.000 puntos de Galicia e do exterior, como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros.
Obxectivos
O departamento da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria que dirixe Anxo Lorenzo quere sumarse ás iniciativas que difundirán a obra e a vida de Novoneyra a través deste concurso, que ten como obxectivos prioritarios potenciar o estudo da obra e da época do escritor de Lugo, propiciar a reflexión sociolingüÃstica sobre esta etapa histórica e fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas á dinamización da lingua galega. Impulsar a realización de actividades que favorezan a colaboración interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado, fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura de Novoneyra ou enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega son outras das finalidades que persegue a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica a través desta convocatoria.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.