Notas de prensa

O conselleiro de Economía informa aos empresarios galegos en Madrid das medidas reactivadoras do tecido produtivo

O conselleiro de Economía e Industria recorda ante os emprendedores que o novo Goberno vai mobilizar 400 millóns de euros en novas operacións de financiamento para que as empresas, microempresas e autónomos fagan fronte aos seus problemas inmediatos de liquidez.

O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra Fernández, mantivo un encontro coa Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, aos que trasladou o traballo que o seu departamento e o Goberno autonómico están levando a cabo para reactivar o tecido empresarial galego.

Guerra Fernández salientou ante os empresarios galegos afincados na capital de España que a Xunta de Galicia, tal e como comprometera, puxo en marcha un Plan de Choque que activou máis de 20 medidas anticrise, entre as que destacou o maior plan de avais na historia de Galicia. Esta iniciativa, que conta coa colaboración de 13 entidades financieiras e as dúas sociedades de garantía recíproca que operan en Galicia, mobilizará novas operacións de financiamento por valor de 400 millóns de euros para que as empresas, microempresas e autónomos poidan facer fronte aos seus problemas inmediatos de liquidez.

O conselleiro sinalou que este plan, articulado en base a dúas liñas de avais (re-Brote e re-Solve), demostra a capacidade de readaptación do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), encargado de xestionar as axudas, á economía real para sentar as bases “da recuperación económica en Galicia”. Esta readaptación do Igape ten como obxectivo ofrecer unha resposta “real ás necesidades reais do tecido empresarial galego”. Neste sentido, unha das características nas que está a incidir o departamento que dirixe Javier Guerra Fernández é a de facer máis áxil o funcionamento e a xestión deste Instituto para adaptalo aos ritmos da economía real. De feito, un dos últimos compromisos adquiridos por Guerra é a tramitación das liñas de avais re-Brote e re-Solve nunha media aproximada de 45 días.

Guerra Fernández lembrou ante os empresarios galegos en Madrid a repercusión do Plan re-Móvete de susbstitución de vehículos, no que o departamento de Economía e Industria leva investidos xa 14 millóns de euros, e os máis de 100 millóns de euros que este novo Goberno leva investidos en I+D+i. “Nós decidimos actuar e plantexar un cambio nunha política fundamental como é a da innovación, e por iso traballamos no deseño dunha Axencia Galega de I+D+i e nun novo plan galego de I+D+i”, afirmou.

O conselleiro de Economía e Industria apelou ao compromiso da Xunta no apoio ás estratexias de internacionalización das empresas galegas, e destacou que a Administración pública debe promover iniciativas orientadas a atraer riqueza a Galicia, porque “nun mundo globalizado a mellor opción para que unha empresa se faga forte e competitiva é abrirse cara o exterior”. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria mobilizou recentemente 1,7 millóns de euros para impulsar o Plan de Fomento das Exportacións Galegas, e dende o Igape abriuse unha nova liña de apoio a este tipo de iniciativas, dotada con 1 millón de euros.

Guerra Fernández pechou este encontro animando a todos os emprendedores a investir en Galicia, “porque a Xunta ten cartos para apoiar novos investimentos”, e facendo referencia ao Plan re-imaXina, dotado con 15 millóns de euros, para que as Pemes, micropemes e autónomos poidan acceder con máis facilidade a liñas de financiamento para inversións.





Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES