Notas de prensa

Inaugúrase o Porto Deportivo Marina Coruña

O presidente da Xunta insta a acadar a “esencial” integración e coordinación dos portos estatais e autonómicos para que Galicia poida ser unha potencia de primeiro nivel en economía do mar.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o seu apoio ao Porto Exterior da Coruña e expresou o seu convencemento de que o apoio institucional “conseguirá superar os atrancos que esta obra impón”. Por iso, brindou o “apoio leal” da Xunta. O mandatario galego recoñeceu que non ver a importancia “que ten e terᔠo Porto Exterior, sería “sinónimo de gobernar de costas ao mar”, porque non se trata dunha infraestrutura local ou comarcal, senón “española e europea”, puntualizou. “Galicia é unha realidade global que necesita ser vista como globalidade nestes momentos de crise”.

“Estou convencido de que o ex presidente da Xunta, e presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe, saberá facer o que temos que facer entre todos, e lle brindo dende aquí a colaboración leal da Xunta de Galicia. Nos atopamos nunha situación difícil, pero estou seguro de que o Ministerio de Fomento, e entre todos, atoparemos unha solución a esta situación herdada”.

O xefe do Goberno galego inaugurou as instalacións do novo Porto Deportivo Marina Coruña e, na súa intervención, salientou o “esencial” que é acadar a “integración e a coordinación dos portos, xa sexa de competencia estatal ou autonómica”. Por iso, amosouse convencido de que esa mesma cooperación institucional “que fixo posible o acordo sobre o AVE galego, ou o consenso entre a Xunta e os concellos en materia urbanística”, será fundamental, tamén, para sacar adiante esta infraestrutura. De igual xeito, instou a “non incorrer no erro de ver en cada dotación algo illado”.

Feijóo salientou que o novo porto inaugurado é, tamén, “unha ponte” entre o pasado e o futuro, e “un dos mellores portos deportivos” da Europa Atlántica pola súa situación, polas súas dotacións e pola “vocación mariñeira” da propia cidade herculina. Apuntou, ademais, que nace “da man de galegos”, porque galegos son a empresa promotora, os futuros xestores do complexo portuario e “aqueles que foron quen de superar os enormes desafíos” que ten unha obra deste tipo.

Unha Administración que está ao lado dos emprendedores que aquí hai
Ao seu xuízo, o novo porto deportivo da Coruña é “unha mostra de confianza no noso país”, e de que os emprendedores que o promoven “están a poñer en práctica o galeguismo máis útil, que é o dos feitos, porque invisten en Galicia e na Coruña e iso, merece todas as loubanzas”, recoñeceu. “Ningunha medida contra a crise que padecemos será útil se os que necesitamos que o fagan abandonan a súa misión de emprender e se os poderes públicos non somos quen de protexelo”, aseverou Feijóo, e apostilou: “Aquí hai emprendedores e quero que haxa unha Administración que estea ao seu lado”.

NotaManifestou, así, que a Xunta “está convencida de que Galicia pode ser unha potencia de primeiro nivel en economía do mar”. “O é e o será –matizou-, porque neste mesmo porto os pavillóns dos barcos que xa están aquí atracados demostran que esta esquina do Atlántico galego atrae a navegantes de moi diversas procedencias”.

No seu discurso, lembrou cómo todas as mitoloxías vencelladas coa nosa terra teñen o mar como orixe ou destino e afirmou que “o mar volve a ser o gran destino de Galicia”. “Estou certo que estamos no século do mar e iso supón que países e rexións marítimas terán unha grande vantaxe que cómpre aproveitar –dixo-, e o comercio, o transporte e o aproveitamento dos recursos teñen o seu futuro no medio mariño”. Feijóo indicou que “o segundo paso” da globalización terá no mar “o seu principal protagonista”. “Penso que aquela Liga Hanseática que no século XIV unía as cidades costeiras volverá ser unha realidade e A Coruña e Galicia formarán parte dela”, argumentou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES