Notas de prensa

A Xunta e as empresas das TIC colaborarán para crear o Clúster do sector

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, insiste en que “innovar é unha obriga” en tempos de crise. O sector en Galicia engloba a 1.500 empresas, da traballo a 13.000 empregados e supón arredor dun 2’15% do PIB da comunidade autónoma.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, reuniuse co Consello Territorial galego da patronal ASIMELEC (Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnologías de la Información, Comunicaciones y Electrónica), logo de que este Consello celebrase a súa constitución formal.

A delegación de ASIMELEC en Galicia está presidida polo empresario José Ramón García, director de Blusens. Tras congratularse pola creación do organismo, a secretaria xeral suliñou que “unha idea por si mesma non é suficiente, un líder con visión de futuro e un bo equipo son os que fan posible o éxito”. Mar Pereira apostou polo diálogo “directo e continuo” entre a Xunta e o empresariado do sector “para orientar axeitadamente as políticas tecnolóxicas”.

A presenza da secretaria xeral, cuxo departamento depende directamente do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo da idea do compromiso do goberno autonómico co sector das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). A propia Mar Pereira encargouse de recalcalo durante o acto, afirmando que, no tocante ás TIC “a Xunta debe xogar un liderado real e executivo, que se materializa a través dun organismo único, integrador, coordinador e responsable”.

Dende este organismo (a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) Mar Pereira comprometeuse hoxe a impulsar e dinamizar o clúster TIC, coa convicción de que unha cooperación ben estruturada é un dos instrumentos fundamentais para mellorar a competitividade nas empresas e pór en marcha novos proxectos, especialmente nas pequenas e medianas empresas”.

É con respecto a esa competitividade para o que a secretaria xeral considera preciso que o seu departamento exerza “un liderado integrador”. Mar Pereira avogou por desterrar o individualismo e animou ás empresas a innovar”, engadindo que “temos que favorecer lugares de encontro entre as TIC e os diferentes ámbitos produtivos”.

Mar Pereira salientou como unha das súas prioridades “deseñar e por en marcha un plan efectivo de excelencia empresarial sustentado no desenvolvemento e impulso da innovación, a cooperación e a mellora formativa de empresarios e traballadores”.

O sector TIC galego está integrado por unha 1.500 empresas e xera máis de 13.000 postos de traballo na comunidade autónoma de Galicia. A facturación destas empresas supón en torno ao 2,15% do PIB galego.

ASIMELEC (Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnologías de la Información, Comunicaciones y Electrónica) é unha patronal do sector das TIC nada en 1984. Hoxe en día agrupa tanto a fabricantes como a comercializadores, distribuidores e a instaladores de telecomunicacións. É a única asociación do macrosector TIC que agrupa a todos os sectores. Grazas a esta filosofía de multisectorialidade defende os intereses da totalidade do sector electrónico.

A asociación instalou hoxe en Galicia o seu quinto Consello Territorial, tralos de Cataluña, Asturias, Comunidade Valenciana e Andalucía, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de empresas de electrónica e comunicacións na comunidade autónoma.

ASIMELEC, integrada por empresas cuxa facturación en España supón arredor do 4’5% do PIB estatal, integrará en Galicia a asociacións previamente existentes como AGESTIC (Asociación Gallega de Tecnologías de Información y Comunicación), fundada en 2003 e presidida por José María López Bodrio, ou a AGEINTE, a rama galega de FENITEL (Federación Nacional de Instaladores de Telecomunicaciones).

De este modo, ASIMELEC constitúese desde hoxe, como rezan os seus estatutos, en interlocutor válido ante as instancias administrativas locais e autonómicas especialmente, polo tanto, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-07-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES