Notas de prensa

O músico e produtor Juan Carlos Fernández Fasero, novo director de Agadic

Juan Carlos Fernández Fasero, músico e produtor musical natural de Arnoia, foi nomeado pola Xunta de Galicia director da Axencia Galega das Industrias Culturais en substitución de Miguel Martín Fernández.

O músico e produtor Juan Carlos Fernández Fasero (Arnoia, 1969) foi nomeado polo Consello da Xunta de Galicia novo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Fernández Fasero realizou estudos de Física na Universidade de Santiago e no Conservatorio Profesional de Música de Ourense na especialidade de guitarra. Foi membro fundador dos grupos de música folk Grieih, Aqua-Lae e Mutenrohi e autor de tres discos na súa carreira en solitario. Como compositor e produtor musical traballou para Mutenrohi, Cristina Pato, Eva Carreras e Lume.

Nominado en catro ocasións pola Academia de la Música como mellor autor en galego, recibiu tres premios Luar a producións por el realizadas.

Até a actualidade, foi director da empresa Zouma Producciones S.L. e ocupou os cargos de vicepresidente da AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e de secretario da Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (AGAFONO).

En 2007 resultou elixido concelleiro polo Partido Popular no concello de Arnoia.

Juan Carlos Rodríguez Fasero sucede como director da AGADIC a Miguel Martínez Martín Fernández, quen cesara no mesmo posto o pasado 7 de maio.

Agadic, 2009-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES