Notas de prensa

O Festival de Ortigueira retoma o espírito máis celta na súa XXV edición

Wolfstone, Xosé Manuel Budiño, Michael McGoldrick, Susana Seivane, Battlefield band ou Fred Morrison, entre as principais figuras do cartel do 2009 presentado pola secretaria xeral para o Turismo, o alcalde de Ortigueira e o director-xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, o director-xerente da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, e máis o coordinador do Festival Ortigueira, Alberto Balboa, presentaron en Compostela, a programación da 25 edición do veterano certame de música celta. Respaldados por representantes doutras entidades patrocinadoras como Estrella Galicia e Deputación da Coruña, descubriron os principais reclamos dun cartel, que inclúe preto de vinte concertos gratuítos e que reforza o carácter intercéltico do evento.

Ortigueira ultima os preparativos de cara á celebración do certame máis concorrido do verán español. Na localidade coruñesa, segundo o seu rexedor, xa está todo a punto para acoller aos milleiros de persoas de todo o mundo que se achegarán entre o 9 e o 12 de xullo para gozar "da mellor festa de Europa".

Serán catro días nos que, tal e como subliñou Rafael Girón, a pequena vila, de pouco máis de 7.000 veciños, converterase de novo nun espazo multicultural único, e multiplicará a sua poboación. Adiantou o mandatario local que as previsións pasan por superar os 90.000 asistentes do pasado ano.

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, explicou o éxito do festival levouno a ser declarado en 2005 Festa de Interese Turístico Internacional despois de obter dous anos antes a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Deste xeito equipárase á categoría de festas como as Fallas de Valencia, os Carnavais de Tenerife, os Sanfermíns ou a Feira de Abril de Sevilla”.

Carmen Pardo engadiu “agardamos que a celebración do festival sexa un éxito para todos e constitúa un reclamo turístico máis para Galicia e o mellor dos escaparates para promocionar o vindeiro Xacobeo 2010”.

Programa 100% celta

No plano artístico, o coordinador do certame explicou que a oferta do Festival aposta pola "volta ás orixes musicais” do encontro. É dicir, tras anos de apertura a músicas de raíz non puramente celtas, a programación de concertos volve centrarse, apenas sen concesións, nos sons atlánticos.

Nesta liña, enmárcase, segundo explica Balboa, a presencia no Escenario Estrella Galicia de formacións como a irlandesa Michael Mcgoldrick band, a histórica Battlefield band ou a tamén escocesa Wolfstone que, coa a súa mestura de música tradicional e rock duro, é, sen dúbida, o grupo máis esperado polos afeccionados. Completa a contundente “delegación” de Escocia, o gaiteiro Fred Morrison, que ofrecerá un concerto na Praza de Isabel II.

En paralelo, o outro píar da programación constitúeno os artistas galegos. Neste sentido, Ortigueira servirá, como sempre, de plataforma de promoción internacional para os nosos músicos. En cartel, a estrea do novo álbum da gaiteira Susana Seivane, a prosposta de world music do gaiteiro máis anovador, Xosé Manuel Budiño, e o debut do grupo Arán e o seu folk galego e irlandés a partes iguais. Finalmente, reservará tamén espazo para a promoción dos grupo noveis, a través do “Proxecto Runas”.

Máis que música

O certame, cun orzamento de 600.000 euros, completa a súa oferta lúdica cun amplo abano de actividades paralelas, organizadas nesta ocasión, coa colaboración da Escola de Gaitas de Ortigueira, agrupación fundadora do festival en 1978. Artesanía, unha exposición fotográfica sobre a historia do evento, obradoiros de folclore galego, con mestres de excepción como Mercedes Peón, ou pasarrúas consolidan o carácter multidisciplinar do evento.

O alcalde de Ortigueira, invitou a todos os mozos a vivir a xoldra do Festival e o ambiente único da acampada no piñeiral da praia de Morouzos e subliñou o esforzo realizado en materia de servizos e infraestruturas para favorecer, na medida do posible, a comodidade dos visitantes.

Para rematar, referiuse á “vocación de futuro” que ten a alianza co Xacobeo para a organización deste “Festival do Mundo Celta” e quixo agradecer o apoio prestado por patrocinadores e colaboradores neste período, marcado pola complicada coxuntura económica. “Grazas á súa axuda -manisfestou Girón- podemos conservar os sinas de identidade do Festival: máxima calidade musical e, por suposto, a total gratuidade

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2009-07-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (rubalcaba.jpg) El secretario xeral del PSdeG, Pachi Vázquez, que acudirá al 38º congreso de los socialistas como portavoz de la delegación gallega, asumirá la posición "mayoritaria" de los 54 delegados que apoyan a Alfredo Pérez Rubalcaba para relevar a José Luis Rodríguez Zapatero al frente de la dirección de su partido, en la pugna con Carme Chacón.
Foto de la tercera plana (feria_cocido_lalin_2012_2.jpg) La Ciudad de la Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acogió la presentación de la XLIV Feria del Cocido de Lalín (Pontevedra), calificada como "un dos acontecementos gastronómicos máis senlleiros" por el conselleiro de Cultura e Educación. El 12 de febrero se celebra esta feria declarada de Interés Turístico.

Notas

Inaugúrase a 13ª edición do salón Xantar que se consolida como a gran cita gastronómica de España e de Portugal. Expourense acolle o escaparate dos produtos do mar e do agro.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta esta situación de Localia A Coruña e lembra que a empresa UTEGA xa cesou tamén as emisións en Pontevedra e está a recortar o cadro de persoal en Vigo. A empresa notificou aos traballadores que en 15 ou 20 días deixa de emitir.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Terra de promisión: Durante moito tempo, Galicia tivo como terras de promisión terras de alén d...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania