
Dende o 1 de xullo é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é asà grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño.
Deste xeito a RMT é accesible dende calquera ordenador con conexión a internet a través da páxina web www.conectateparty.org ou www.conectatparty.org durante todo o mes de xullo. Para iso só é preciso clickar no enlace que está accesible no sitio web.
Este salto á rede era moi demandado polos oÃntes da emisora municipal tudense, sobre todos por aqueles que se atopan no estranxeiro, ou noutros puntos de España onde non chega a cobertura por ondas. Asà dende a súa posta en marcha en internet rexistráronse xa conexións dende Londres, Irlanda, Barcelona, Madrid, A Coruña, ou Santiago de Compostela. Isto permitirá amais que en moitas oficinas onde carecen de receptor de radio poidan seguir a programación da RMT ao través do ordenador.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.