Cumpridos dous anos da constitución dos gobernos municipais, o PPdeG non pode senón lamentar que o balance que arroxan os bipartitos municipais sexa desolador. Os populares cren que a nefasta xestión conxunta de PSOE e BNG nos concellos galegos é sinónimo de desgoberno, parálise, desunión, enfrontamentos e malas noticias. Ademais, lamentan que non haxa indicios de que esta preocupante situación non vaia repetirse ou ata vaia empeorar nos próximos 24 meses.
O Partido Popular de Galicia está convencido de que un amplo espectro da poboación que votou PSOE ou BNG en 2007 non volverá facelo dentro de dous anos sabedor de que a coalición entre ambos é tóxica para os intereses dos concellos. A cidadanÃa non está contenta coas alianzas subscritas nos seus municipios, e por iso retirará a confianza depositada neses partidos nas municipais de 2007.
O PPdeG cre tamén que a vitoria de Feijóo nas autonómicas do 1 de marzo foi tamén unha bofetada a un modelo de xestión baseado na constitución de dous gobernos paralelos na que sobran enfrontamentos e tensións e falta cordialidade, coordinación e traballo en equipo. Os populares cren ademais que as accións dos gobernantes non deben estar marcadas polos celos senón polos intereses xerais, e iso non pasou en concellos como Vigo, Ourense, A Coruña ou Pontevedra.
DOBRE CRISE
As sete cidades galegas padecen unha dobre crise: a económica e a polÃtica que xeran uns bipartitos que, aÃnda que condenados ao fracaso electoral, mentres resisten estanse a levar por diante as posibilidades de desenvolvemento dos cidadáns aos que goberna.
O 1 de marzo foi unha moción de censura virtual ao modelo de xestión bipartito nos concellos: Guillerme e Manuel Vázquez asà o entenderon, e por iso trataron de encher titulares dicindo que aspiran a gobernar en solitario. Sendo asÃ, deben dicir xa mesmo que en ningunha das sete cidades, asà como no resto de concellos de Galicia, asinará alianzas de goberno co contrario. O PPdeG cre que ese discurso só pode ter credibilidade dunha forma: rompendo xa mesmo as alianzas que manteñen entre si PSOE e BNG, e dicindo que, sexa cal for o resultado de 2011, non pactarán entre eles, e menos para arrebatar alcaldÃas ao partido máis votado.
Socialistas e nacionalistas son expertos en dicir unha cousa e en facer a contraria, e este será un novo exemplo. Xa que logo, os cidadáns de moitos concellos galegos están abocados a sufrir dous anos máis de parálise e subdesenvolvemento con bipartitos que antepoñen as súas ansias de poder ás necesidades da xente.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.