Xa está aquà a 2º edición do Festival de Cine de Animación en Internet “Animando o Camino de Santiago” ou “Animacan.tv” co triple obxetivo de pór en competición filmes de animación chegados de todo o mundo, animar a creadores, productores e escolas de animación para que participen nas novas seccións de “Opera prima” ou “Obras inacabadas” e facilitar a internautas e peregrinos a creación dunha biblioteca, fototeca e videoteca virtuais do Camiño de Santiago cos seus escritos, fotografÃas e vÃdeos.
“Animacam.tv” naceu o dÃa 23 dexuño de 2008, por iniciativa e producción de Limaia Produccións S.L., co patrocinio das entidades Xacobeo, Turgalicia e as consellerÃas de Cultura e Industria da Xunta de Galicia, con vocación de vÃnculo intercultural e divulgador do respeto á diversidade dos pensamentos e culturas.
Neste senso, o seu nacemento co verao ten que ver coa adoración humana ao Sol desde tempos prehistóricos e co tránsito de camiñantes á procura do fin da Terra, no actual Finisterrae galego, alà onde o Sol desaparecÃa da vista nun rito absorbido pola cristianización de Europa e simbolizado no actual Camiño de Santiago, que coincide co percorrido do Sol desde que nace ata que morre.
A partires desta idea, o festival “Animacam.tv” pretende convocar a creadores de debuxos animados de calquera lugar do mundo, pois en todo él se deu culto ao sol en celebracións coincidintes cos solsticios, ises dÃas nos que o astro rei acada o seu punto máis lonxano –no verao- e máis perto –no inverno- sobre o horizonte.
A primeira edición de “Animacam.tv” , de xullo a outubro de 2008, foi visitada por 75.000 internautas e saldouse coa participación nas seccións competitivas de 164 filmes de animación procedentes de 33 paÃses dos que 6 foron seleccionados para sendos premios de 2000 euros cada un por votantes rexistrados desde 43 paÃses.
Na Segunda Edición, xa en marcha en Internet que acada as 110.000 visitas, o apartado competitivo do festival engade espazos para escolas de animación e creadores noveis que poderán participar no apartado “Ópera prima” e outro para filmes dirixidos a nenos de 0 a 6 años, e manten as demáis categorÃas e os premios do público de 2000 euros e dous premios especiais coa mesma dotación.
Tamén é nova a categorÃa de “Obras inacabadas”, fora de concurso, pero aberta a recibir todas aquelas obras de animación de calquera época e técnica, que se quedaron en fase inicial ou a metade de producción, pois ao amosalas poden surxir contactos que axuden e animen a rematalas.
Ises contactos poderán establecerse na nova sección “Noticias” onde haberá informacións, convocatorias, búsquedas e ofertas orixinadas no mundo audiovisual por e para os seus profesionais e afecionados que poderán asà aproveitar o portal como noticiario propio.
A participación en “Animacam.tv” ábrese tamén iste ano a Peregrinos e Internautas en xeral a través das súas Seccións Paralelas, nas que todos poderán deixar a súa crónica persoal sobre o camiño, as lendas de tradición oral e as festas. Nesta última sección, ademáis, aparecen, con “links” ás súas respectivas páxinas web de promoción, os 315 axuntamentos galegos.
Todos poderán asà formar parte da historia do Camiño de Santiago con comentarios, contos, videos ou fotografÃas de festas que se celebren en Galicia, para dar vida a unha biblioteca, videoteca e fototeca virtual.
Peregrinos e Internautas participarán, ademáis, a través desas tres seccións paralelas de “O Camiño”, “Libros” e “Festas”, en sorteos de lotes de libros, estancias en casas de turismo rural e balnearios.
Outra das Novas que aporta a Segunda Edición de “Animacam.tv” é a creación dunha rede de colaboración que xa conta con escolas de animación europeas e americanas, entre elas:
-“9Zeros” de Cataluña cuxos alumnos son autores das curtametraxes
exhibidas por Televisión Española 2 no programa “En construcción”.
-“Stratos” de Madrid que é un portal sen ánimo de lucro para potenciar o
desenvolvemento de recursos multimedia como os videoxogos e todos os
relacionados co entretemento dixital.
-“Cinescuela.com” que é a única escola audiovisual online totalmente en
español orientada á formación en toda Iberoamérica.
-“Cice” con sede en Madrid, é un centro formativo sobre calquera recurso dixital aplicable á moda, imaxe dixital, creación de web e outros.
LimaÃa Produccións, con sede en Sandiás (Ourense), productora de Animacam.tv, fai un chamamento, para que o Portal sexa un punto de encontro para creadores e internautas, como o é o Camiño de Santiago para as culturas de todo o mundo.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.