Notas de prensa

O acceso seguro dos menores a Internet, a estudo do Valedor do Pobo de Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia pon enriba da mesa do Valedor do Pobo algúns dos temas que precisan de análise como o acceso seguro dos menores a Internet e a protección de datos.

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG),
Fernando Suárez Lorenzo, e o secretario da mesma corporación, Juan
Antonio Valiño, mantiveron un encontro co Valedor do Pobo, Benigno López González, que se inscribe na campaña de divulgación sobre as funcións e iniciativas do propio colexio. Na xuntanza abordáronse as posibles vías de colaboración entre o ente colexial e a institución do Valedor.

No decurso da reunión, os representantes do CPEIG déronlle a
coñecer a Benigno López o corpo de peritos, especializado en
informática forense e, así mesmo, ofrecéronlle a colaboración do colexio
en calquera aspecto informativo ou divulgativo sobre a protección de
datos. Pola súa banda, o Valedor do Pobo apuntou que o número de
queixas que recibe a institución sobre este aspecto aínda non é moi
representativo pero si amosa unha tendencia crecente.

O encontro inscríbese tamén nunha nova liña de traballo posta en marcha polo CPEIG a prol da divulgación dos bos usos de Internet entre os menores de idade. Precisamente, hai un mes o CPEIG e o Concello de Santiago organizaron unha mesa redonda que,
baixo o epígrafe de Redes sociais, facebook, tuenti…: A cara oculta dos
amigos dos meus fillos, informou sobre os perigos das relacións virtuais
a través da Rede. O foro abordou a orixe e alcance actual das redes
sociais, así como a súa repercusión na xuventude e a adición da
mocidade ás mesmas.

A actualidade do debate sobre as redes sociais motiva que o
CPEIG estea xa en contacto con outras institucións, coma o Valedor do
Pobo, e diversos concellos para organizar noutros lugares de Galicia
mesas redondas de contido e características similares á celebrada en
Compostela. Neste sentido, o colexio ofreceulle a Benigno López a súa
colaboración no deseño e posta en marcha de campañas de navegación
segura e prevé agora solicitarlle un novo encontro ao Vicevaledor do
Menor e Novas Tecnoloxías, José Julio Fernández Rodríguez, co fin de
concretar iniciativas en común.

Con sede en Santiago de Compostela e con 300 asociados ata o
momento, a directiva do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de
Galicia constitúena: Fernando Suárez Lorenzo, presidente; Hernán Vila Pérez,
vicepresidente; Juan Antonio Valiño García, secretario; María Pilar Dolores
Quiñoá López, tesoureira; Ãngel Fernández Gándara, vicesecretario; Xosé
Antón Campos Silva, vicetesoureiro; Ramón Paz Buján, vogal 1; Miguel Ãngel
Molinero Ãlvarez, vogal 2; Eva Marcos Doldán, vogal 3; e Francisco Bago
Castro, vogal 4.

Suma Comunicación, 2009-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES